Biblioteca IES Agra de Raíces.

9/3/23

UN ENTROIDO MUSICAL

O pasado venres 17 de febreiro pasamos unha xornada sensacional e moi divertida no festival de Entroido organizado por Biblioraíces en colaboración có ENDL e o club de lectura Libros coma area! Despóis de gozar do Photocall especialmente habilitado e decorado para esta data, así como do novo croma, que estreamos na biblioteca para a ocasión, nas dúas últimas sesións da mañá tivemos o festival no salón de actos do centro, onde alumando e profesorado puideron brillar con luz propia con unhas actuación maxistráis para deleite de tódolos presentes. Despoís de ver tódalas actuacións do día e de revisar as fotos feitas aos disfrazados que se presentaron , acordamos os seguintes premios para os concursos:

CONCURSO DISFRACES


1º PREMIO- Grupo QUEEN (Sabela Corbelle e Anxo Domínguez de 4º ESO máis Lúa Iglesias e Xavi Canosa de 1º BACH).  Vale de 60 €


2º PREMIO- Grupo GREASE (Ethel Feijóo de 4º ESO e Arwen Feijóo de 1º BACH). Vale de 30 €


3º PREMIO- Grupo ONE DIRECTION e o DINOSAURIO (Mariam Rhanbouri, Saray Lago, Uxía Domínguez, Uxía Felpete, María Maneiro e Anthía Caamaño de 3º ESO).  Almorzo na cafeteria do centro




CONCURSO DISFRACES


1º PREMIO- HATSUNE MIKO (Ainara Toba de 1º BACH). Vale de 2 €


2º PREMIO- CAMILO (Carla García de 1º ESO). Vale de 15€


3º PREMIO- ESTRELA DO ROCK (Irene González de 1º ESO). Vale de 10€




24/2/23

 MÁIS LIBROS!!!

Continuamos falando das nosas actividades deste mes tan curto pero que dá para tanto. O día 16, os rapaces e rapazas de 1º da ESO reuníronse para comentar unha nova obra, Nós Seis de Julia Lago; a todos eles sorprendeulles a dureza das vivencias da rapaza protagonista pero, ao mesmo tempo, desfrutaron do seu bo humor ante a adversidade.



Nós Nove


Unha semana despois, o día 23, o grupo de 3º/4º da ESO e 1º de BACH realizou a segunda volta do duelo de libros, La Puerta de Manel Loureiro fronte a Infamia de Ledicia Costas. Nesta ocasión xuntáronse os dous desdobre e compartiron impresións sobre que libro gustara máis, ante a disparidade de opinións podémolo deixar en empate. Non obstante, no caso de Infamia, as alumnas quedaron con gañas dunha segunda parte.


Aquí temos ao grupo das máis veteranas reunidas, só  faltaron dúas rapazas que non puideron vir 

Isto é todo por hoxe, nos próximos días falaremos do espectacular Antroido celebrado no IES Agra de Raíces.

6/2/23

 A CANDELORIA

O xoves pasado, 2 de Febreiro, realizáronse unha serie de actividades para celebrar A Candeloria e o Día do namoramento dos paxaros. O grupo de Dinamización lingüística, en colaboración cos equipos de Biblioteca e do Club de lectura, organizou a decoración do centro cunha serie de paxaros de papel que incluían mensaxes relacionadas co amor.




Nun dos espazos máis visibles do centro situáronse unha serie de poemas de temática amorosa, algúns deles foron realizados por integrantes do grupo de lectura de 3º/4º da ESO e 1º de BACH.




Durante os dous recreos deste día, tivo lugar tamén a xuntanza do club de lectura dos máis veteranos, os rapaces e rapazas leron os poemas redactados. Ademais dos participantes habituais, asistiron outros alumnos e alumnas que fixeran poemas de amor para o Día da Candeloria.




Para que vexades o arte que atesoran os nenos e nenas do IES Agra de Raíces, e de Libros coma area! en especial, facemos aquí unha mostra dos poemas creados.





30/1/23

 O DESQUITE

O luns, día 30, tivo lugar a segunda volta do duelo de libros protagonizado polo alumnado de 1º da ESO; tras ler, antes do Nadal, Coraline ou Las brujas, agora os nenos e nenas de Libros como area! desfrutaron da obra que aínda non leran. No primeiro recreo realizamos a reunión centrada en Las brujas e no segundo, Coraline; despois de comentar os aspectos máis salientables de cada obra o alumnado opinou sobre que libro lles gustara máis. Temos que dicir que houbo opinións enfrontadas polo que podemos falar dun empate.


 Aquí temos o grupo que leu Las brujas na segunda ronda

Tristemente temos que comunicar a transformación dos ollos en botóns no alumnado que leu Coraline

11/1/23

 

RECAPITULANDO

Co comezo do ano 2023, desde o club de lectura Libros coma area! queremos facer un analise da nosa andaina no que levamos de curso, por outra banda tamén reflexionaremos sobre as novidades que nos agarda neste ano que comeza.

O curso 2022/2023 supuxo un aumento no número dos nosos membros, deste xeito tivemos que repartir os dous grupos en dous desdobres cada un para poder compartir os libros. Este sistema fixo que cada desdobre lera un libro distinto e se reunira por separado; sen embargo, tras intercambiar os libros antes das navidades, na seguinte reunión de análise das obras voltarémonos a xuntar todos e poñeremos en común as nosas experiencias. Isto supoñerá a fin do ciclo de lectura de fantasía escura (Las Brujas e Coraline) no caso do grupo de 1º e 2º da ESO, e no caso do grupo de 3º e 4º da ESO e 1º de BACH o fin do ciclo de novela de suspense (La puerta e Infamia). 

Por tanto no segundo trimestre incorporaremos novas obras e temáticas, ademais  xa estamos a traballar na iniciativa "Unha mensaxe enterrada nos libros", que tan boa acollida tivo o ano pasado. Os alumnos e alumnas do club están elixindo un libro para que a biblioteca do centro se faga con el e poidan deixar unha mensaxe asinada no mesmo.

Para rematar mostaremos as imaxes das reunións dos desdobres do ciclo de novela de suspense que tiveron lugar o día 21 de decembro.

As tres lectoras de La puerta de Manel Loureiro xunto ao coordinador do club


O grupo que leu Infamia de Ledicia Costas


Tamén queremos sinalar que xa tivo lugar a primeira xuntanza do grupo de lectura de adultos, tras ler Corazón tan blanco de Javier Marías os membros do grupo reunímonos o día 20 de decembro para intercambiar impresións. Tras uns comezos dubidativos o libro rematou tendo unha boa aceptación e xa estamos a discutir cal pode ser a seguinte obra a ler.



14/12/22

 

ORGULLO DE CLUB

O club de lectura "Libros coma area!" non pode sentirse máis orgulloso da nosa compañeira Lúa Iglesias de 1º de Bacharelato, pois resultou ser a gañadora da XIX edición do concurso de poesía ANOMAR que cada ano organiza a Asociación Recreativa e Cultural dos Tilos.

 

Velaquí tendes o seu poema para que o poidades desfrutar.


Xúrovos que está dentro de min.
É ela, estou segura de que é ela
a que se unirá a min con lazos de sangue
dende a vida ata a morte,
preseguíndome sempre.

É o meu punto de partida nos finais sen rematar.

Dende que teña á Lúa desfacéndoseme nos dedos
ata que todo o seu peso se asente na miña pel,
maltratándoa e deixando cicatrices sobre ela.

Dende que os meus pulmóns collan milleiros de folgos de xasmín
ata que se fagan tan diminutos que o aire non me chegue,
pedindo auxilio
deixándome aterrorizada.

Ámoa, ámoa tanto...

Tanto que me fago invisible
a cada segundo que intenta xogar ás agochadas,
loitando cos seus monstros
e se fai responsable de todas as miñas extremidades,
de cada exhalación que pola miña boca sae.

Tanto que somos imparables.

Tan inseparables que nos vemos moi de vez en cando.
Tanto que choro cando sae do meu corpo
e volvo a ser dona de min mesma.
Tanto que me asusta cando aparece.
Tanto que me paraliza cando marcha.
Tanto que me treme a alma.
Tanto que me move.
Tanto que me pode.
Tanto que me fala.
Tanto que me toca.
Tanto.

9/12/22

 

A ESCURIDADE CHEGA AO CLUB

Os días 1 e 7 de decembro reuníronse os dous equipos do grupo de 1ºESO/2ºESO, tras sentarnos no noso espazo preferido da biblioteca, os nenos e nenas do club comentaron os libros Coraline de Neil Gailman (día 1) e Las brujas de Roahl Dahl (día 7). Coa colaboración da profesora Lara Trillo, o noso alumnado falou dos aspectos que máis lles chamaron a tención destas obras e compararon con outros libros similares do xénero da fantasía escura. Tras intercambiar os libros, agora os dous equipos lerán a obra que xa desfrutaron os seus compañeiros e posteriormente reunirémonos para compartir as súas experiencias.


Aquí temos ao grupo que xa leu Coraline


Os primeiros en ler Las brujas

En breves informaremos das reunións do grupo de 3ºESO/4ºESO/1ºBACH que tamén teñen un duelo de libros con La puerta de Manel Loureiro e Infamia de Ledicia Costas.