PREPARÁNDONOS PARA O ANO 2022!!
Estando xa a punto de acabar o ano 2021 e aproveitando o inicio das vacacións de Nadal, o club de lectura Libros coma area! quere facer un repaso polas actividades desenvoltas no mes de decembro, ademais de comentar os proxectos pendentes para o futuro 2022.
As nenas de 1º da ESO remataron de ler o libro Todas deberíamos ser feministas de Chimanda Ngozi Adichie e xa prepáranse para devorar o seu terceiro libro do curso Mamá, quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa.
Pola súa parte, o grupo formado por alumnos e alumnas de 2º e 3º da ESO estiveron comentando as súas impresións sobre o primeiro libro proposto, A balada dos unicornios de Ledicia Costas. Tamén teñen xa, nas súas mans, O hobbit de J.R.R. Tolkien; durante este Nadal recorrerán xunto a Bilbo Bolseiro o camiño cara o tesouro da Montaña Solitaria.
As alumnas de 4º da ESO e 1º de BACH acolleron, cos brazos abertos, a unha nova compañeira que se incorpora o club, agardamos captar más xente para a nosa secta dos libros...
Nestes días comentamos o primeiro libro, Memoria do silencio de Eva Mejuto, esta obra tivo unha gran acollida ao seren moi valorados algúns temas como a loita das mulleres ou a traxedia do Holocausto. Neste Nadal comenzarán a ler o seguinte libro, Os nenos da variola de María Solar, onde se combina a novela histórica con temas de actualidade como a vacinación das enfermidades pandémicas.
Finalmente o grupo de lectura formado polo profesorado do IES Agra de Raíces vaise lanzar a ler o seu primeiro libro, como podedes ver non lles damos seguido o ritmo aos nosos alumnos e alumnas pero o intentamos. O libro proposto para ler en Nadal é El lector de Julio Verne de Almudena Grandes, queremos así renderlle homenaxe a esta autora recentemente falecida.
Para rematar este percorrido polas actividades desenvoltas este mes, non podemos olvidar tampouco un proxecto para promocionar a lectura que verá a luz no 2022. De momento non vamos a adiantar moitos detalles pero si podemos dicir que os nosos alumnos e alumnas nos falaron dunha gran cantidade de libros que lles marcaron mentres estaban en primaria...