A ALFOMBRA VERMELLA DOS VIDEOPOEMAS
Despois de publicar os finalistas do Concurso de videopoemas sobre a obra de Rosalía, este luns 20, produciuse a entrega de premios. A continuación podedes ver as alumnas premiadas.
MÁIS LIBROS!!!
O día 10 de marzo, o grupo dos nenos e nenas de 1º da ESO volveuse a reunir para repartir os novos libros de lectura. Unha vez máis dividimos o grupo en dous equipos, os cales lerán candansúa obra. Nesta ocasión, as novelas a devorar son Stravagantia de Laura Gallego e A historia interminable de Michael Ende. Á hora de presentar estas dúas obras contamos coa colaboración de Koda, unha das integrantes do grupo de lectura de 3º/4º da ESO e 1º de BACH, á cal lle encanta este libro.
Por outra banda, tamén queremos contarvos que os profes remataron o segundo libro de lectura do Club para adultos, Malas mulleres de Marilar Aleixandre, e reuníronse para intercambiar opinións sobre o mesmo.
O seguinte obxectivo xa está fixado! Lejos de Luisiana de Luz Gabás.
HOMENAXE A ROSALÍA
O club de lectura "Libros coma area!" está estes días a promocionar o Concurso de videopoemas sobre a obra de Rosalía. Este certame foi organizado polo equipo de Biblioteca, encabezado polo profesor Miguel Blanco, e unha das profesoras responsables do club de lectura, María Jesús Paz.
No concurso participaron alumnos e alumnas de 3º da ESO e 1º de BACH, saíndo como gañadora Daniela Alvite de 1º de BACH; o resto dos finalistas foron Lúa Iglesias e Erika Cives de 1º de BACH, María Domínguez de 1º de BACH, e Xiana Trillo e Sara Caamaño de 3º da ESO.
Videopoema de María Domínguez
Video poema de Lúa Iglesias e Erika Cives
UN ENTROIDO MUSICAL