Biblioteca IES Agra de Raíces.
Mostrando entradas con la etiqueta vixia entre o centeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vixia entre o centeo. Mostrar todas las entradas
10/5/13
Xuntanza O vixía no centeo
Xa tivemos a xuntanza do club de lectura do 2º ciclo para comentar este fantástico libro de J.D. Salinger. Houbo para todos os gustos, alumnos encantados coa lectura e moi informados sobre a obra e vida do autor e outros que non conseguiron engancharse a esta lectura aínda que todos coinciden no ben que está escrito o libro. Os comentarios máis significativos foron os de Samanta, alumna de 3º de ESO que considera O vixía entre o centeo como un dos seus libros favoritos e que a iniciou no mundo "Salinger" querendo incidir ós alumnos que non remataron o libro que o volvan a ler noutro momento que seguro que lles encantará.
21/3/13
The Catcher in the Rye
O próximo libro elixido para o club de lectura do 2º ciclo é The Catcher in the Rye de J.D. Salinger, traducido ó galego, O vixía no centeo e ó castelán El guardián entre el centeno, un libro, que penso deberíamos ler todos algunha vez.Sobre este libro podedes atopar materiais moi interesantes na rede. Existe unha persoa que se fai chamar con este pseudónimo, posúe un blog de libros e neste Posdcast fala sobre o libro que imos ler ó que considera case un dos mellores libros da historia.
Enlaces interesantes sobre este libro:
Alas de papel: El guardián entre el centeno.
Interesante noticia da morte de Salinger.
Trailer da película
Suscribirse a:
Entradas (Atom)