Biblioteca IES Agra de Raíces.

11/12/13

Novas lecturas!!!!!!

Xa temos novas lecturas en libroscomarea!! En 1º de ESO continuamos a andaina lectora con Los secuestradores de Burros de Gerald Durrel e no 2º ciclo da ESO leremos o divertido libro de Eduardo Mendoza, Sin noticias de Gurb.




29/11/13

Convocatoria xuntanzas de libroscomarea

Convocamos a tódolos membros de libroscomarea á xuntanza da próxima semana. O martes 3 de decembro ás 12:05 no taller de matemáticas reunión do club do 2º ciclo, falaremos de Berta!!!!
E o mércores 4 no 2º recreo, 12:05h, reunión do club de 1º ESO tamén no taller de matemáticas para falar de A miña planta de laranxa lima.
Deberíades acudir todos e todas co libro rematado, posto que houbo moito tempo para lelos.

22/11/13

Berta!!!

Acércase o 25 de Novembro, Día en contra da violencia cara a muller, e o libro que estamos lendo no club do 2º ciclo ten moita relación con este tema. Proximamente teremos a reunión e iremos contando aquí a acollida do libro así como os comentarios relacionados coa Violencia cara a muller que xurden logo de ler este libro.

8/11/13

XUNTANZA

MARTES 12 no 1º recreo xuntanza dos dous clubs de lectura no taller de matemáticas (3ª planta, enfrente da aula de música).

27/10/13

Xa estamos lendo

Unha vez establecidos os subgrupos, ou mellor dito, os subclubs librocomaarea, empezamos a ler con forza outro curso máis. O club dos máis pequenos comenza cun libro xa coñecido polos areeiros de biblioraíces e por moitos nenos e adultos que forman os clubs de lectura de bibliotecas escolares; este libro é A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos, espero que vos guste!!!
No club de lectura dos máis maiores, ou de continuidade podemos chamarlle, empezamos o curso co prometido a finais do curso anterior, a nosa primeira lectura é Berta, de Concha Blanco. Concha acompañounos a finais do curso pasado nunha excelente cita na biblioteca e aí acordamos empezar o curso con Berta para comentar precisamente esta obra coincidindo co 25 de Novembro, día internacional en contra da violencia de xénero, tema principal do libro. Esperamos que vos guste e que dea moito para comentar.

11/10/13

Un curso máis arrancamos con Libros coma area!

Ola a todas e a todos, xa estamos de novo en activo e comenzamos a ler.
O mércores 16 teremos a primeira reunión do club de lectura, será na Biblioteca ás 10:10h, para todos os areeiros que repetides connosco e ás 12:05h para aqueles alumnos que nunca formaron parte do club e queren acudir.


Benvidos a todos e a todas!!!!!!!!!

27/6/13

Fin de curso Libros coma area

Graciñas a todos e a todas por colaborar con Libroscomarea, sen vós non sería posible. Quédavos aquí unha recompilación de todos os libros que lemos entre os dous clubs.Boas vacacións boas lecturas a todos!!!!!!

24/6/13

Visita de Concha Blanco

Como xa anunciáramos na entrada anterior, despedimos o curso 2012-2013 de Libroscomarea con Concha Blanco. A hora que esta escritora compartiu cos membros do club de lectura foi extraordinaria. As súas verbas mantiveron asombro e silencio absoluto na biblioteca ata que chegou a quenda das perguntas ás que ela contestou amablemente abrindo incluso un pequeno debate.Non só falou de Nano senón de moitos temas relacionados coa lectura e coa escritura. Non chegou a nada o tempo da visita, xa que había moitas actividades no centro e nunha sesión xa tivemos que abandoar a biblio pero voltaremos a invitala para outro dos seus libros para o curso que vén, Berta non soubo voar!!!
Moitas grazas por acompañarnos!!!!!









7/6/13

Despedida de Libroscomarea con Nano!!!!!!!!!!!!

O curso está chegando ó seu fin e con el a convocatoria de Libroscomarea. Na despedida deste curso acompañáranos a escritora Concha Blanco, veciña de Cee e profesora de de lingua Galega neste centro durante moitos anos.O libro elixido para os dous clubs é Nano e con el e con Concha depedideremos o club o 21 de xuño. Moitos dos lectores xa o teñen lido e empezan os primeiros comentarios: "Non me esperaba ese final", "..vaia xiro deu o contido", "ó principio non pensaba que se trataría ese tema"...... Seguiremos contando novidades dos lectores sobre Nano!!!!!!!!! 
Montaje creado Bloggif

4/6/13

VI Xornadas de Clubs de Lectura

Como anunciamos na entrada anterior, o venres 31 acudimos ós VI Xornadas dos Clubs de Lectura organizados en Santiago. A mañá empezou co tema, Lectura Social e foi Gemma Lluch que nos falou da elección de libros e dun amplo abanico de técnicas ás que recurrir para animar ós alumnos no mundo da lectura. Logo tivemos a mesa coa posta en común dos compañeiros representantes das catro provincias galegas contándonos as súas experiencias e para finalizar a mañá tivemos a  presentación da rede social galega do libro, Redelibros.
Despois dun xantar en común onde aproveitamos para comentar as nosas experiencias chegou a quenda de elixir sá según os intereses e Libros coma area acudíu a Recursos dixitais e medios audiovisuais ó servizo da lectura onde puidemos aprender diversas maneiras de expoñer contidos ou o bo resultado de videoconferencias con escritores. Para finalizar o día, acudimos á espectacular charla de Marcos Calveiro, Ler, escribir e amar e ó fin de festa con Cándido Pazó, sempre fantástico co seu espectáculo, O burro da biblioteca. 
Moitas grazas á biblioteca O segrel do Penedo por compartir estas fantásticas fotografías no seu álbum.

29/5/13

VI Xornadas dos clubs de lectura!!

O venres imos a Santiago!! Este venres 31 celébrase en Santiago a cita anual cos coordinadores dos 222 centros de ensino público que contan con club de lectura. É unha cita onde os coordinadores intercambiamos as nosas experiencias, facemos unha posta en común das actividades cos nosos clubs e atendemos a interesantes charlas ou mesas redondas con escritores de literatura xuvenil que nos axudan a enfocar novos proxectos e actividades para vindeiros cursos. Experiencia moi gratificante en todas as xornadas anteriores.
No blog de Bibliotecas Escolares tendes unha entrada onde se comenta como vai a ser o desenvolvemento das xornadas, os invitados e as actividades que se van a desenvolver.

28/5/13

Entrega dos agasallos do xogo Garda Cultural!!!

Parabéns ás gañadoras do Xogo Garda Cultural, Mª José Agulleiro e Irene González. Repetiremos o xogo o próximo curso!!!!

10/5/13

Libros agasallo Amigo Invisible

Actualmente estamos lendo os libro que nos agasallamos como conmemoración do Día do Libro e proximamente teremos a reunión para comentar o libro de cada un. Non obstante, como hai alumnos que xa remataron o libro, a seguinte proposta do club do 2º ciclo é unha escolla entre dous libros de Italo Calvino:
El vizconde demediado ou ben El Barón rampante, elixide o que queriades unha vez rematado o actual.

Xuntanza O vixía no centeo

Xa tivemos a xuntanza do club de lectura do 2º ciclo para comentar este fantástico libro de J.D. Salinger. Houbo para todos os gustos, alumnos encantados coa lectura e moi informados sobre a obra e vida do autor e outros que non conseguiron engancharse a esta lectura aínda que todos coinciden no ben que está escrito o libro. Os comentarios máis significativos foron os de Samanta, alumna de 3º de ESO que considera O vixía entre o centeo como un dos seus libros favoritos e que a iniciou no mundo "Salinger" querendo incidir ós alumnos que non remataron o libro que o volvan a ler noutro momento que seguro que lles encantará.

6/5/13

VISITA DA GARDA CULTURAL CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO


Para atallar o que eles chaman "terrible onda de actos de vandalismo cultural", durante estes días houbo unha nutrida presenza da Garda Cultural no noso instituto para tentar dar fin ao tráfico de libros (e outras actividades prohibidas) que se estaba a dar na nosa comunidade escolar: tras facer unha forte campaña con mensaxes como "OS ABURRIDOS ADVIRTEN: LER MATA A IGNORANCIA" ou "LER É MOI ADICTIVO, NON COMECE A LER", 13 membros deste corpo conseguiron dar ao traste coas actividades que outros tantos traficantes de libros
estaban a levar a cabo polo instituto adiante; uns e outros eran alumnos e alumnas pertencentes ao club de lectura "Libros coma area!": seguindo as indicacións dunha perigosa banda, estes ladróns recollían a mercancía nun punto e tiñan que levala a outro, poñendo en risco a integridade mental da comunidade educativa, dados os grandes preigos que os libros e a lectura supoñen.
Por outra banda, a Garda Cultural aproveitou a ocasión para facer unha exposición coas últimas aprehensións na Costa da Morte e uns interesantes recortes de prensa cos actos vandálicos dos traficantes de libros que nestas datas próximas ao Día do Libro aterrorizan a bisbarra.
Tamén expuxeron uns carteis coas principais e exemplares queimas de libros da historia, coas máis gloriosas frases contra o libro e a lectura e outros contidos exemplarizantes e glorificadores da anticultura.

PANEM ET CIRCENSES!

3/4/13

Grandes risas e moita poesía con María Lado e Lucía Aldao

Dentro do marco da Semana Cultural do instituto o club de lectura Libros coma area tivo hoxe a súa sesión especial na Biblioteca con dúas grandes poetas e actrices que nos fixeron rir un anaco da mañá. Con poemas, música e moito humor estivemos acompañados destas dúas rapazas e o seu espectáculo Con dez poemas por barba no que participamos na elaboración dun poema que logo recitaron. Moitas grazas por facernos pasar este anaco tan agradable.

Así describen as poetas o seu espectáculo:
Como é un espectáculo de poesía, o título non é outra cousa máis ca unha metáfora. Realmente son menos poemas cada unha e nós non temos barba, non só hai poesía e hai moitas historias, algunhas que nos pasaron e teñen que ver cos poemas e outras que nos contaron e veñen a conto dalgún verso. Tamén hai cancións, as nosas preferidas e moitas ganas de compartir co público, de xogar, de emocionarnos e divertirnos. Un recital de poesía que non é eso que cres que é un recital de poesía de señores con barba.
Con dez poemas por barba, pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza
o espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai música en directo, xogos, historias, momentos de reflexión… pero sobre todo hai comunicación poética pura e verdadeira.
Os textos que compoñen o recital son poemas propios, creados polas dúas poetas, algúns inéditos e outros recollidos en libros ou revistas. A música, parte substancial do espectáculo, pona a guitarra e a impresionante voz de Lucía.


21/3/13

The Catcher in the Rye

O próximo libro elixido para o club de lectura do 2º ciclo é The Catcher in the Rye de J.D. Salinger, traducido ó galego, O vixía no centeo e ó castelán El guardián entre el centeno,  un libro, que penso deberíamos ler todos algunha vez.
Sobre este libro podedes atopar materiais moi interesantes na rede. Existe unha persoa que se fai chamar con este pseudónimo, posúe un blog de libros e neste Posdcast fala sobre o libro que imos ler ó que considera case un dos mellores libros da historia.
Enlaces interesantes sobre este libro:
                                 Área libros.
                                  Interesante noticia da morte de Salinger.
Trailer da película

20/3/13

Fantasmas de Luz e O neno can

Desta vez imos ler no club do 1º ciclo dous libros á vez, que non é tanto así pero parece. Podedes elixir comezar a ler Fantasmas de Luz de Agustín Fernández Paz ou O neno can de Fran Castro e Fina Casalderrey. A razón é, que somos moitos no club e aínda que na biblio hai moitos exemplares de cada un, non chegarían para todos. Así, para que ninguén estea sen libro nas vacacións, elixides un e ó rematalo devolvédelo e colledes o outro.
Os que rematedes non vos olvidedes de devolvelo xa que temos que ler os dous, por certo libros preciosos cada un deles!!!!!!!!!!!!!!!!

7/2/13

Pelos na língua, Talía Teatro

O club de lectura libroscomarea acude a ver a representación de  Pelos na Língua da compañía ceense Talía Teatro. Será posiblemente o  VENRES 15 de febreiro aínda que estade pendentes dos avisos porque igual se apraza ó VENRES 8 de marzo porque a compañía non pode actuar ese día.

O neno can con Fina Casalderrey e Fran Castro

Como xa todos sabedes, un dos libros que leremos este curso será O neno can de Francisco Castro e Fina Casalderrey. Xa falamos disto no club e tamén hai no blog da biblio algunha entrada comentando noticias sobre este libro. Pois para ir entrando en ambiente deixovos aquí un enlace a un vídeo no que os escritores relatan como argallaron os pasos para escribir O neno can.
A entrada atópase no blog de Fran Castro, A canción do Náufrago.


4/2/13

Xa estamos en Twitter!!!



Se queres compartir ideas e comentarios con Libros coma area ou con Biblioraíces a través do Twitter ou do facebook aí estamos, síguenos!!! 
O usuario twiter é @biblioraices e o perfil da páxina de facebook Biblioraíces Biblioteca Viva.


A miña planta de laranxa lima

Unha vez rematada a xuntanza do libro Las lágrimas de Shiva eliximos un novo libro para ler nas vacacións de entroido nos anacos libres. Desta vez o libro xa estaba previsto porque houbera un cambio, entón como xa sabedes esta vez leremos A miña planta de laranxa lima de José Mauro Vasconcelos.
Como xa comentamos noutra entrada, este libro tamén foi escollido polo Club de lectura Nautilus do IES Fernando Blanco como unha das primeiras lecturas deste curso. Esperemos que vos guste!!!!!!!!!!!!


Xuntanza comida!!

Unha vez rematado o libro Las lágrimas de Shiva e sabendo que vos encatou, decidimos quedar a comer no instituto para así ter moito tempo para falar do libro. Este libro de César Mallorquí foi proposto por Sara Fernández Sande de 1º de ESO e moi ben acollido por tódolos membros do club do 1º ciclo. Xa vos iremos contando aquí todo o que se vai dicindo hoxe na reunión.