Biblioteca IES Agra de Raíces.

25/1/13

CAMBIO DE LIBRO NO CLUB DO 1º CICLO

Estaba anunciado e elixido previamente por todos o libro A miña planta de laranxa lima pero aínda non chegaron á libraría e como sabemos que estades ansiosos por seguir lendo facemos un cambio. Leremos antes Las lágrimas de Shiva, de César Mallorquí,recomendado xa a principios de curso por Sara González Sande de 1º de ESO.
Podedes pasar a recollelo á biblioteca!!!!!!!!!

16/1/13

A miña planta de laranxa lima

Hoxe tivemos a reunión do libro A la sombra del maestro de Juan Farias, en xeral a case ningún alumno lle gustou o libro pero sí deu moito que falar.
A seguinte proposta para o club do 2º ciclo é A miña planta de laranxa lima (Título orixinal:O Meu Pé de Laranja Lima de José Mauro de Vasconcelos. Un libro precioso que se le en moitos clubs de lectura dos IES e sempre resulta un éxito. De feito foi o último libro que leron os nosos compañeiros do Club de lectura Nautilus do IES Fernando Blanco, ós que dende aquí lles queremos dar as grazas polos libros que nos emprestan!!!

15/1/13

Novo libro recomendado por Jesús e Manuel

Xa temos novo libro para o club de lectura. Jesús de 3º de ESO e Manuel Carande, coordinador do equipo de Biblioteca, coincidiron na proposta de lectura, Mi familia y otros animales de Gerald Durrel.

Ademais temos película, Mi familia y otros animales (TV) dirigida por Sheree Folkson, así que convocaremos unha quedada para visualizala despois de rematar o libro. Podedes recoller información na páxina de Filmaffinity.
No seguinte blog tedes unha crónica sobre este libro que é moi interesante, podedes lela antes, durante ou ó final da lectura: A leer que son 2 días.

8/1/13

Voltamos das vacacións para reunirnos!!!

O próximo luns 14 de xaneiro, 2º recreo, Xuntanza Enderezo Descoñecido (Club de lectura do 2º Ciclo) no taller de matemáticas e o próximo mércores 16 de xaneiro no 2º recreo, Xuntanza A la sombra del maestro (Club de lectura do 1º ciclo), taller de matemáticas.