Desta vez imos ler no club do 1º ciclo dous libros á vez, que non é tanto así pero parece. Podedes elixir comezar a ler Fantasmas de Luz de Agustín Fernández Paz ou O neno can de Fran Castro e Fina Casalderrey. A razón é, que somos moitos no club e aínda que na biblio hai moitos exemplares de cada un, non chegarían para todos. Así, para que ninguén estea sen libro nas vacacións, elixides un e ó rematalo devolvédelo e colledes o outro.
Os que rematedes non vos olvidedes de devolvelo xa que temos que ler os dous, por certo libros preciosos cada un deles!!!!!!!!!!!!!!!!
Biblioteca IES Agra de Raíces.
Mostrando entradas con la etiqueta neno can. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta neno can. Mostrar todas las entradas
20/3/13
7/2/13
O neno can con Fina Casalderrey e Fran Castro
Como xa todos sabedes, un dos libros que leremos este curso será O neno can de Francisco Castro e Fina Casalderrey. Xa falamos disto no club e tamén hai no blog da biblio algunha entrada comentando noticias sobre este libro. Pois para ir entrando en ambiente deixovos aquí un enlace a un vídeo no que os escritores relatan como argallaron os pasos para escribir O neno can.
A entrada atópase no blog de Fran Castro, A canción do Náufrago.
A entrada atópase no blog de Fran Castro, A canción do Náufrago.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

