Biblioteca IES Agra de Raíces.

20/6/23

 FIN DE CURSO

As vacacións de verán xa están a volta da esquina e no club de lectura Libros coma area! realizamos as últimas sesións do ano.

Por unha banda, tivo lugar a última sesión do grupo de lectura de adultos, os profesores e profesoras reunímonos para falar da obra de Luz Gabás Lejos de Luisiana. Destacouse a facilidade coa que avanzou a lectura do libro a pesar do seu tamaño e a coidada documentación histórica levada a cabo pola autora.


Por último destacar a xuntanza final dos dous grupos do club de lectura, nesta reunión aproveitamos para ler as dedicatorias realizadas nos libros comprados na iniciativa Unha mensaxe enterrada nos libros, tal e como podedes ver na fotografía seguinte.


A partir de agora a biblioteca do IES Agra de Raíces ten nos seus fondos uns espectaculares novos libros e os membros do club de lectura do curso 2022-2023 deixaron a súa pegada neles.





E xa rematando a nosa foto de familia... Felices vacacións!!!




12/6/23

 O SPRINT FINAL

O curso está chegando ao seu fin e o club de lectura "Libros coma area" está a realizar as súas últimas sesións, deste xeito reunímonos para falar dos libros do terceiro trimestre. 

O día 25 de abril tiveron lugar, nos dous recreos, as sesións do grupo de 1º da ESO para comentar Stravagantia e a A historia interminable. Nesta mesma sesión acordouse que os alumnos e alumnas inventaran un monstro co obxectivo de crear un bestiario de animais fantásticos.



O día 20 de maio, fixemos a reunión do grupo de 3º / 4º da ESO e 1º de BACH, nesta ocasión cada un dos desdobres falou da obra que leu, xa ben Beleza vermella ou La emperatriz de los etéreos. Tras comentar as impresións sobre os mesmos, abrimos a posibilidade de que poidan levar no verán o libro que non leron para poder comparalos. 

Por último, queremos falar da visita da autora do libro A caída de Guiomar, Alba Rozas, ao noso centro; o alumnado de 1º da ESO leu o seu libro durante o mes de maio e asistiu a unha xuntanza coa escritora o venres, 9 de xuño. Alba Rozas falou sobre as posibilidades do xénero de fantasía ambientado no mundo da mitoloxía galega; os nosos rapaces e rapazas non deixaron de facer preguntas e opinar sobre a súa obra. 



Aproveitando esta ocasión, o alumnado de 1º da ESO presentou o seu bestiario fantástico á autora e despois depositouno na biblioteca para que nos anos posteriores se vaia completando.






15/5/23

SAÍMOS POR FIN!!!

Os rapaces e rapazas do club de lectura  "Libros coma area" levaban moito tempo desexando facer unha saída, o ano pasado cando se levantaron as restricións da pandemia tentáramos facer unha excursión ao Pindo pero o tempo non acompañara. Finalmente, o día 11 de maio, realizouse o tan agardado roteiro literario pola cidade de Santiago de Compostela; 21 alumnos e alumnas coa compañía dos tres profesores integrantes do club de lectura fixeron unha andaina polo Casco vello e a Alameda.

Primeiramente percorremos o Casco vello visitando os monumentos máis senlleiros, mentres que comentabamos diferentes anécdotas literarias. 


Posteriormente vistamos o Museo do Pobo Galego, onde a escaleira helicoidal de Santo Domingo de Bonaval causou furor.


Finalmente realizamos un pícnic na Alameda, onde aproveitamos para ver os monumentos dedicados a diferentes autores, como por exemplo o de Valle Inclán.







22/4/23

 O DÍA DO LIBRO NO HORIZONTE

Despois de desfrutar dunhas merecidas vacacións de Semana Santa, todos os membros do club de lectura, tanto os maiores como os máis pequenos, reunímonos o xoves día 13 de Abril, o obxectivo era preparar o vídeo do Día do libro. Cada alumna e a alumno recibiu unha parte do guión para memorizalo con vistas a semana seguinte. Deste xeito, na semana do 17 ao 21,  gravamos o citado vídeo que verá a luz o Día do libro

O xoves desta mesma semana tamén recibimos unha visita moi especial, o club de lectura do CEIP Vila de Cee, os Navegantes en mares de papel. Reunidos na biblioteca do noso centro, intercambiamos as experiencias vividas nos nosos respectivos clubs de lectura.




Para que quedaran con ganas de volver, ao rematar regalamoslles un almorzo, son un fichaxe seguro! 

10/4/23

 TAREFAS PARA A SEMANA SANTA

A semana previa as vacacións da Semana Santa realizamos reunións cos dous grupos de lectura do alumnado, o mércores 29 cos máis maiores e o xoves 30 cos nenos e nenas de 1º da ESO.

Na reunión do grupo de 3º/4º da ESO e 1º de BACH realizamos a entrega das novas obras para ler, existían dúas opciones: Beleza vermella de Arantza Portabales para os amantes da novela negra e A emperatriz dos Etéreos de Laura Gallego para os amantes da fantasía. Ademais repartimos os libros comprados por recomendación das participantes no club de lectura na iniciativa "Unha mensaxe enterrada nos libros", agora é o seu turno para que compoñan unha dedicatoria asinada para a posteridade.


Beleza vermella de Arantza Portabales


La emperatriz de los etéreos de Laura Gallego

Na xuntanza do grupo de 1º da ESO tamén repartimos os libros patrocinados polos rapaces e rapazas do club na iniciativa "Unha mensaxe enterrada nos libros" e xa están a cavilar cal pode ser a súa dedicatoria asinada.

21/3/23

A ALFOMBRA VERMELLA DOS VIDEOPOEMAS

Despois de publicar os finalistas do Concurso de videopoemas sobre a obra de Rosalía, este luns 20, produciuse a entrega de premios. A continuación podedes ver as alumnas premiadas.



1º Premio: Daniela Alvite



Finalistas: Lúa Iglesias e Erika Cives


Finalistas: María Domínguez



Finalistas: Xiana Trillo e Sara Caamaño

20/3/23

  MÁIS LIBROS!!!

O día 10 de marzo, o grupo dos nenos e nenas de 1º da ESO volveuse a reunir para repartir os novos libros de lectura. Unha vez máis dividimos o grupo en dous equipos, os cales lerán candansúa obra. Nesta ocasión, as novelas a devorar son Stravagantia de Laura Gallego e A historia interminable de Michael Ende. Á hora de presentar estas dúas obras contamos coa colaboración de Koda, unha das integrantes do grupo de lectura de 3º/4º da ESO e 1º de BACH, á cal lle encanta este libro.



Stravagantia de Laura Gallego



A historia interminable de Michael Ende

Por outra banda, tamén queremos contarvos que os profes remataron o segundo libro de lectura do Club para adultos, Malas mulleres de Marilar Aleixandre, e reuníronse para intercambiar opinións sobre o mesmo. 


O seguinte obxectivo xa está fixado! Lejos de Luisiana de Luz Gabás.



13/3/23

 HOMENAXE A ROSALÍA

O club de lectura "Libros coma area!" está estes días a promocionar o Concurso de videopoemas sobre a obra de Rosalía. Este certame foi organizado polo equipo de Biblioteca, encabezado polo profesor Miguel Blanco, e unha das profesoras responsables do club de lectura, María Jesús Paz. 



No concurso participaron alumnos e alumnas de 3º da ESO e 1º de BACH, saíndo como gañadora Daniela Alvite de 1º de BACH; o resto dos finalistas foron Lúa Iglesias e Erika Cives de 1º de BACH, María Domínguez de 1º de BACH, e Xiana Trillo e Sara Caamaño de 3º da ESO.



Videopoema de Xiana Trillo e Sara Caamaño


Videopoema de María Domínguez


Video poema de Lúa Iglesias e Erika Cives


Videopoema de Daniela Alvite


9/3/23

UN ENTROIDO MUSICAL

O pasado venres 17 de febreiro pasamos unha xornada sensacional e moi divertida no festival de Entroido organizado por Biblioraíces en colaboración có ENDL e o club de lectura Libros coma area! Despóis de gozar do Photocall especialmente habilitado e decorado para esta data, así como do novo croma, que estreamos na biblioteca para a ocasión, nas dúas últimas sesións da mañá tivemos o festival no salón de actos do centro, onde alumando e profesorado puideron brillar con luz propia con unhas actuación maxistráis para deleite de tódolos presentes. Despoís de ver tódalas actuacións do día e de revisar as fotos feitas aos disfrazados que se presentaron , acordamos os seguintes premios para os concursos:

CONCURSO DISFRACES


1º PREMIO- Grupo QUEEN (Sabela Corbelle e Anxo Domínguez de 4º ESO máis Lúa Iglesias e Xavi Canosa de 1º BACH).  Vale de 60 €


2º PREMIO- Grupo GREASE (Ethel Feijóo de 4º ESO e Arwen Feijóo de 1º BACH). Vale de 30 €


3º PREMIO- Grupo ONE DIRECTION e o DINOSAURIO (Mariam Rhanbouri, Saray Lago, Uxía Domínguez, Uxía Felpete, María Maneiro e Anthía Caamaño de 3º ESO).  Almorzo na cafeteria do centro




CONCURSO DISFRACES


1º PREMIO- HATSUNE MIKO (Ainara Toba de 1º BACH). Vale de 2 €


2º PREMIO- CAMILO (Carla García de 1º ESO). Vale de 15€


3º PREMIO- ESTRELA DO ROCK (Irene González de 1º ESO). Vale de 10€




24/2/23

 MÁIS LIBROS!!!

Continuamos falando das nosas actividades deste mes tan curto pero que dá para tanto. O día 16, os rapaces e rapazas de 1º da ESO reuníronse para comentar unha nova obra, Nós Seis de Julia Lago; a todos eles sorprendeulles a dureza das vivencias da rapaza protagonista pero, ao mesmo tempo, desfrutaron do seu bo humor ante a adversidade.



Nós Nove


Unha semana despois, o día 23, o grupo de 3º/4º da ESO e 1º de BACH realizou a segunda volta do duelo de libros, La Puerta de Manel Loureiro fronte a Infamia de Ledicia Costas. Nesta ocasión xuntáronse os dous desdobre e compartiron impresións sobre que libro gustara máis, ante a disparidade de opinións podémolo deixar en empate. Non obstante, no caso de Infamia, as alumnas quedaron con gañas dunha segunda parte.


Aquí temos ao grupo das máis veteranas reunidas, só  faltaron dúas rapazas que non puideron vir 

Isto é todo por hoxe, nos próximos días falaremos do espectacular Antroido celebrado no IES Agra de Raíces.

6/2/23

 A CANDELORIA

O xoves pasado, 2 de Febreiro, realizáronse unha serie de actividades para celebrar A Candeloria e o Día do namoramento dos paxaros. O grupo de Dinamización lingüística, en colaboración cos equipos de Biblioteca e do Club de lectura, organizou a decoración do centro cunha serie de paxaros de papel que incluían mensaxes relacionadas co amor.




Nun dos espazos máis visibles do centro situáronse unha serie de poemas de temática amorosa, algúns deles foron realizados por integrantes do grupo de lectura de 3º/4º da ESO e 1º de BACH.




Durante os dous recreos deste día, tivo lugar tamén a xuntanza do club de lectura dos máis veteranos, os rapaces e rapazas leron os poemas redactados. Ademais dos participantes habituais, asistiron outros alumnos e alumnas que fixeran poemas de amor para o Día da Candeloria.




Para que vexades o arte que atesoran os nenos e nenas do IES Agra de Raíces, e de Libros coma area! en especial, facemos aquí unha mostra dos poemas creados.