SAÍMOS POR FIN!!!
Os rapaces e rapazas do club de lectura "Libros coma area" levaban moito tempo desexando facer unha saída, o ano pasado cando se levantaron as restricións da pandemia tentáramos facer unha excursión ao Pindo pero o tempo non acompañara. Finalmente, o día 11 de maio, realizouse o tan agardado roteiro literario pola cidade de Santiago de Compostela; 21 alumnos e alumnas coa compañía dos tres profesores integrantes do club de lectura fixeron unha andaina polo Casco vello e a Alameda.
Primeiramente percorremos o Casco vello visitando os monumentos máis senlleiros, mentres que comentabamos diferentes anécdotas literarias.
Posteriormente vistamos o Museo do Pobo Galego, onde a escaleira helicoidal de Santo Domingo de Bonaval causou furor.