Biblioteca IES Agra de Raíces.

6/7/15

IMPRESI-ONS


Un grupo de rapaces
Ían ó Buraco do Inferno camiñando
Pero coa calor que facía
Polo chan acabáronse arrastrando.




Dezanove de Xuño de dous mil quince. Os areeiros e areeiras do instituto IES Agra de Raíces chegan a Portonovo onde una grande aventura agarda por eles, así como un calor de trinta grados.
Os seus colegas do clube de lectura "A Praia das Palabras" esperan alí por eles para montar nun barco e chegar ata a illa de Ons, escenario no que se produce a historia dun dos libros lidos por ámbolos dous clubes de lectura e que se chama Os fillos do mar, escrito por Pedro Feijoo.
Unha vez chegados á illa fan un roteiro pola metade sur desta, onde ven  un dos lugares clave na historia contada por Pedro Feijoo, o Burato do Inferno é segundo conta a lenda, a entrada ó mesmo inferno e nos días de tormenta pódense oír os lamentos das almas en pena.
Unha vez rematado o roteiro, tanto os areeiros e areeiras como os seus colegas de Vilalonga descansan na praia da illa de Ons, onde comen e pasan a tarde de relax, falando e rindo. Pero ás sete da tarde o barco ven de volta e toca marchar. A viaxe en barco tamén é divertida e todos aproveitan para sacaren alguna foto a bordo e para disfrutaren das fantásticas vistas ás illas Cíes e a Ribeira.
Unha vez en porto todos os lectores se despiden e cada un vai para un lado, pero a aventura ainda non rematou para os nosos areeiros, xa que se atopan cunhas redeiras coas que o seu profesor se para a falar para pedirlles una foto, elas aceptan todas contentas e coméntanlles ós nosos areeiros que teñen uns gatiños en busca dun fogar, porque foron abandoados pola súa nai. Os rapaces deciden adoptar un gatiño que se convirte na nova mascota do clube de Lectura "Libros coma area" e que levará o nome de Leo.  Despídenses das mulleres a seguen o seu camiño en busca do bus.
O profesor decide invitar a todos os raparigos a un xeado antes de decirle adiós a Portonovo e emprender a viaxe de volta, o que axudará ós areeiros a sobrevivir a ño calor abafante que soportaron durante todo o día.
Esta xornada de aventura sérvenos para ver o escenario dun dos libros lidos durante o curso, pero ademáis tamén nos serve para darnos conta de que no noso clube de lectura somos como una pequeña familia que fui unida grazas ó amor á lectura e que nunca vai ser separada, por eso debemos agradecer a existencia dos libros e a de toda esa xente que mantén viva o hábito de ler, porque é una das mellores cousas de este mundo.


Unha areeira máis

CULPABLES de Lara Lema Pérez

Durante anos o Buraco do Inferno foi un lugar temido por todos; agora, convertido nun espazo turístico, as lendas volven a asolagar a Illa de Ons cando unha persoa é atopada morta.

O aviso deuno un turista cando se decatou das marcas de sangue que había nas rochas e dos anacos de roupa rotos que penduraban dalgunhas polas. A vítima era unha rapaza nova, non máis de 18 anos, que fora a pasar uns días na illa co seu instituto. Pero non podemos chamala vítima porque non foi un homicidio, polo menos non un directo. Xulia, a rapaza, acabou ca súa vida o venres 19 de xuño. Ninguén podía atopar unha explicación razoable ao acontecido, “ela era unha persoa alegre e chea de vitalidade” dicían. A verdade era que ninguén se molestou en coñecela o suficiente como para saber como era, os seus pais estaban sempre traballando “para que a nosa filla non lle falte de nada”. Non se decataron a tempo de que non todo se arranxa con cartos. 

No seu instituto sufría bullyng por parte dos seus compañeiros e, malia o coñecemento do problema por parte dos profesores estes non fixeron nada. Non querían arruinarlle a vida aos culpables, non contaron con que iso ía a acabar coa vida da vítima.

Xulia amaba ler, en especial novelas sobre lendas antigas e sobre maxia, e tal e como expuxo na súa carta de despedida parecíalle ‘romántica’ a idea de tirarse Ó Buraco do Inferno porque era onde as almas que cumprían condena se atopaban. Preguntábase sobre a posibilidade de que a lenda fora real, de que tamén existira ese touro con cornos de ouro vixiando a entrada para que ninguén puidese saír. 

No seu instituto gardouse un minuto de silencio pola súa morta e a xente choraba recordando a súa memoria. Non lle adicaran ningunha atención cando estaba viva pero eloxiábana despois da súa morte. 

Hoxe, a vida continua sen moita alteración no pobo da rapaza. Os seus pais seguen a estar mais preocupados do traballo que de ser felices e os compañeiros que maltrataban a Xulia seguen as súas clases con normalidade. 

Ao final a vítima paga as consecuencias mentres que os culpables desfrutan dos seus privilexios. Benvidos á sociedade do ano 2015.



Hoxe é unha noite fría,
mañá unha mañá morna,
pola tarde hai unha brisa
e unha casa que me acolla.

                              Leo B.