Biblioteca IES Agra de Raíces.

25/4/14

En abril lemos ciencia!!!

No mes de abril eliximos ler ciencia en libroscomarea!!! no club de lectura do 1º ciclo o libro elixido é O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas e no club dos maiores El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon.

Xuntanza Cartas de inverno

Fantástica a xuntanza de Cartas de inverno con comida incluída no centro. Pasamos un par de horas comentando cousas do libro e facendo xogos no ordenador sobre temas relacionados co libro e ca biblioteca. Deixámosvos aquí algunhas imaxes como proba!!




7/4/14

Hoxe comemos con "Cartas de inverno"

Hoxe libroscomarea ten a súa xuntanza estrela quedando a comer no instituto cos areeir@s de 1º de ESO, a razón da nosa quedada e ter tempo para poder falar amplamente sobre o libros Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. A parte de todo o que imos comentar fixemos un pequeno proxecto para que os areeir@s completen unhas cuestións na rede sobre un anaco concreto do texto, este texto e estas preguntas foron extraídas da proba de avaliación de diagnóstivo do ámbito lingüístico do curso 2011, sabemos que os nosos areeiros o farán moi moi ben. Velaquí o anaco de texto e as cuestións que mellor resolveredes online pinchando neste enlace  pero que por se acaso algo falla tamén as expoñemos no corpo desta entrada en formato texto.
Ademais de falar de cartas de inverno faremos unha serie de xogos nos ordenadores sobre os libros e a nosa biblioteca, esperemos que a rede internet nos permita acceder ben a eles.
MAÑÁ COLGAREMOS FOTOS!!!!


2/4/14

Este luns xantamos xuntos

O luns 7 de abril libroscomarea do 1º ciclo da ESO comemos no instituto para así ter moito tempo para falar, investigar...
Falaremos do libro que acabamos de rematar, Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, do autor, doutros libros del e de moitos outros libros que xa lemos ou pensamos ler.
Ademais de contar e intercambiar información faremos un pequeno xogo na biblio, libros con patas na rede!! Consistirá en adiviñar que libros escribiu un autor determinado e enlazar o libro co autor tendo todos os libros na biblioteca para poder revisalos.