Hoxe libroscomarea ten a súa xuntanza estrela quedando a comer no instituto cos areeir@s de 1º de ESO, a razón da nosa quedada e ter tempo para poder falar amplamente sobre o libros Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. A parte de todo o que imos comentar fixemos un pequeno proxecto para que os areeir@s completen unhas cuestións na rede sobre un anaco concreto do texto, este texto e estas preguntas foron extraídas da proba de avaliación de diagnóstivo do ámbito lingüístico do curso 2011, sabemos que os nosos areeiros o farán moi moi ben. Velaquí o anaco de texto e as cuestións que mellor resolveredes
online pinchando neste enlace pero que por se acaso algo falla tamén as expoñemos no corpo desta entrada en formato texto.
Ademais de falar de cartas de inverno faremos unha serie de xogos nos ordenadores sobre os libros e a nosa biblioteca, esperemos que a rede internet nos permita acceder ben a eles.
MAÑÁ COLGAREMOS FOTOS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario