Hoxe, na biblioteca, o grupo Arroases de Estorde tivo a primeira xuntanza do curso 2018-19. Demos a benvida a Helena e Miguel Ángel, que se achegaron por vez primeira ao club de lectura Libros Coma Area e realizamos unha lectura multilingüe do Astérix en Italia.
O vindeiro luns, 5 de novembro, teremos a segunda xuntanza do club multilingüe de banda deseñada, ás 12:05 na biblioteca.
E o luns, 26 de novembro continuaremos falando de heroes e heroínas con Fóra do normal de María Reimóndez, novela gañadora do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.
Biblioteca IES Agra de Raíces.
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
30/10/18
25/10/18
Club multilingüe de banda deseñada
O día 30 de outubro comeza a andaina do club multilingüe de banda deseñada. Podes elixir o idioma que prefiras ou varios: castelán, inglés, galego e francés. Desta volta, viaxamos con Astérix cara a Italia. Embárcate cos Arroases de Estorde se estás a cursar 3ª da ESO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

