Biblioteca IES Agra de Raíces.
Mostrando entradas con la etiqueta cartas de inverno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cartas de inverno. Mostrar todas las entradas

25/4/14

Xuntanza Cartas de inverno

Fantástica a xuntanza de Cartas de inverno con comida incluída no centro. Pasamos un par de horas comentando cousas do libro e facendo xogos no ordenador sobre temas relacionados co libro e ca biblioteca. Deixámosvos aquí algunhas imaxes como proba!!




7/4/14

Hoxe comemos con "Cartas de inverno"

Hoxe libroscomarea ten a súa xuntanza estrela quedando a comer no instituto cos areeir@s de 1º de ESO, a razón da nosa quedada e ter tempo para poder falar amplamente sobre o libros Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. A parte de todo o que imos comentar fixemos un pequeno proxecto para que os areeir@s completen unhas cuestións na rede sobre un anaco concreto do texto, este texto e estas preguntas foron extraídas da proba de avaliación de diagnóstivo do ámbito lingüístico do curso 2011, sabemos que os nosos areeiros o farán moi moi ben. Velaquí o anaco de texto e as cuestións que mellor resolveredes online pinchando neste enlace  pero que por se acaso algo falla tamén as expoñemos no corpo desta entrada en formato texto.
Ademais de falar de cartas de inverno faremos unha serie de xogos nos ordenadores sobre os libros e a nosa biblioteca, esperemos que a rede internet nos permita acceder ben a eles.
MAÑÁ COLGAREMOS FOTOS!!!!