Biblioteca IES Agra de Raíces.
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
25/6/19
"Arquitectura humana" de Maruja Mallo e versos de Xohana Torres
Os versos de Xohana Torres, "Eu tamén navegar" na reprodución do cadro de Maruja Mallo "Arquitectura humana"(1937). Fantástico traballo, realizado polo alumnado de plástica de 4º ESO e Bacharelato, dirixido pola profesora Mirta Pequeño.
Moitas grazas pola vosa colaboración, durante todo o curso escolar, co noso club de lectura.
11/4/19
Obradoiro de escrita e ilustración na MiiC
AQUELA NOITE DE VERÁN
Unha mañá de verán soa o teléfono en
comisaría, o inspector acude ao aviso do
asesinato daquela rapaza que fora asesinada tras unha noite de festa cas suas
amigas.
O equipo de investigación comeza cos
interrogatorios. O principal sospeitoso, a sua exparella, sen coartada. As suas
amigas declaran que a última vez que a viron con vida foi ás cinco da mañá,
discutindo cun home traxeado. Afirman ter visto unha arma no traxe do home.
Tras unha longa conversa ca subinspectora
averiguan a marca da pistola. Comparándoa ca bala encontrada no corpo da
víctima dictaminou que so podía coincidir ca pistola do seu compañeiro, polo
tanto, el era o verdadeiro asasino.
Alumnado: Alexandra, María, Diana, Paula, Laura e Breo.
Alumnado: Alexandra, María, Diana, Paula, Laura e Breo.
PESADELO
Realidades
discernidas nos nosos pesadelos cada vez que o vemos. Ansiedade, medo,
afogamento, dor, angustia, martirio… Sempre que aparece. Escóitase o pechar da
porta, e vese a súa sombra saír das tebras máis absolutas. E alí estamos nós,
no medio, sós, con noso maior temor. Vendo como se acerca… Como queres ti que
acabe?
Había una vez un pulpo llamado Ramón el Cabezón. Pertenecía a una familia que se encargaba de destruir planetas con sus naves espaciales llenas de pulpitos. Un día unos aliens invadieron el planeta Octopus. Esta invasión desencadenó una Guerra Universal. Todos los pulpos del planeta se murieron y los aliens se convirtieron en los reyes del Universo.
Javier Rodriguez, Ainhoa, Santiago, Adriana.
Froitas
Vila(s)
A historia comeza con Javier, unha persoa como outra calquera ata o día que
decidiu mercar froita.
Chegada a noite, probou unha gran papaia, a cal lle provocou fortes dores
estomacales. Tras ser diagnosticado de lipotimia, regresou a casa e decatouse
de que desprendía unha extraña enerxía. Posuía o poder de
dormir á xente e facer desaparecer o material escolar.
Tras saltar á fama, era mundialmente coñecido como O´Vilaaas, heroe
desinteresado e dono dunha multinacional. Larga vida O´Vilaaas!
Blanca como a neve
corre como unha lebre
cara a casiña
da tía Mariña.
DOBRE
Unha escura tarde, oíndo o rebumbio das pingas da choiva na sucia ventá daquela noxenta taberna onde tantas tardes pasei. Alí estaba eu, remexendo os recordos da miña mente. Aquela lonxana noite, andaba eu polos baixos fondos de Londres, aquela capital que tan horrendos recordos me traía. Andaba perdido, vagando polas molladas, escuras e frías rúas cara un lugar que non coñecía, pero que estaba a dar voltas na miña caluga.
Soaban as campás da igrexa cando petei naquela carcomida vella porta. Non había ninguén, a porta estaba aberta, deixandome ver o escenario que tantas veces soñara. Había sangue por doquier, no centro da estancia, non puiden crer o que vin, o cadaleito de alguén que cría coñecer. A cabeza na peceira e o corpo inerte cun profundo burato onde debería estar o corazón. Ante tal horribel escenario, aproximeime o baño e contemplei o imaxinable: a miña fifura distorsionada matara aquel corpo, non podía demostralo, pero sabíao. Todo o tempo fora eu ...
Arroases de Estorde.
6/3/19
7/1/19
Resumo do primeiro trimestre
No primeiro trimestre do curso, lemos as seguintes obras:
Dedicamos máis de unha sesión a cada un dos libros elixidos, xa que o tempo dos recreos ás veces non nos chega, e os debates están a ser de moito interese, pois temos diferentes visións e moito que aportar.

Arroases de Estorde: Astérix en Italia e Fóra do normal.
O club de lectura de Bacharelato, comezou con poesía co Long Play e Aplicación Instantánea.

Arroases de Gures, comentamos Las lágrimas de Shiva.
Arroases de Ézaro, lemos El coleccionista de relojes extraordinarios e Crónicas marcianas.
Baleas de Caneliñas, traballamos e comentamos O diario vermello de Flanagan
Tamén organizamos un concurso de relatos de medo e temos outro en andamento

O 25 de novembro, participamos coa lectura dun relato teatralizado de !Sentinela Alerta! de María Xosé Queizán.

O día 4 de xaneiro, publicouse a resolución definitiva da convocatoria dos Clubs de Lectura para este curso, 2018-2019- A fotografía publicada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, é da primeira sesión do Club de lectura de banda deseñada multilingüe. Que sopresa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











