No primeiro trimestre do curso, lemos as seguintes obras:
Dedicamos máis de unha sesión a cada un dos libros elixidos, xa que o tempo dos recreos ás veces non nos chega, e os debates están a ser de moito interese, pois temos diferentes visións e moito que aportar.
Arroases de Estorde: Astérix en Italia e Fóra do normal.
O club de lectura de Bacharelato, comezou con poesía co Long Play e Aplicación Instantánea.
Arroases de Gures, comentamos Las lágrimas de Shiva.
Arroases de Ézaro, lemos El coleccionista de relojes extraordinarios e Crónicas marcianas.
Baleas de Caneliñas, traballamos e comentamos O diario vermello de Flanagan
Tamén organizamos un concurso de relatos de medo e temos outro en andamento
O 25 de novembro, participamos coa lectura dun relato teatralizado de !Sentinela Alerta! de María Xosé Queizán.
O día 4 de xaneiro, publicouse a resolución definitiva da convocatoria dos Clubs de Lectura para este curso, 2018-2019- A fotografía publicada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, é da primeira sesión do Club de lectura de banda deseñada multilingüe. Que sopresa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario