As Baleas de Nemiña, comentaremos a obra de Kressmann Taylor, Enderezo descoñecido o día 7 de marzo, na biblioteca do centro durante o segundo recreo.
Para saber máis sobre esta obra de xénero espistolar e a súa autora, botade unha ollada aquí.
Biblioteca IES Agra de Raíces.
27/2/19
23/2/19
Loving Vincent, the film
O día 28 de febreiro, asitiremos á proxección do filme Loving Vincent, the film de Dorota Kobiela & Hugh Welchman, na sala Numax de Santiago de Compostea.
Tratase do primeiro filme de historia pintado ao óleo. Acadou o premio ó mellor filme de animación nos Premios do Cine Europeo 2017.
Poderemos disfrutar da historia dos últimos días na vida de Vincent Van Gogh pintada a man, fotograma por fotograma, por centos de mans atistas de todo o mundo a partir dos cadros do artista holandés.
A proxección en versión orixinal en inglés, con subtítulos en galego, está dentro do programa didáctico Numax na escola.
Aproveitaremos a viaxe a Compostela para comentar O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro cos grupos do club de lectura Arroases de Estorde e Baleas de Caneliñas.
Tamén imos achegarnos a visitar a exposición MiiC(Mostra internacional ilustración contempóranea) onde realizaremos unha visita guiada e participaremos nun obradoiro.
Estas actividades están organizadas polo departamento de plástica do IES Agra de Raíces e o club de lectura.
Lembrade que saímos ás 8:30 horas!
Para saber máis
Etiquetas:
arte cinema,
club de lectura,
Dorota Kobiela,
Hugh Welchman,
Loving Vincent,
Marcos Calveiro,
MiiC,
Numax na escola,
O pintor do sombreiro de malvas,
the film
20/2/19
18/2/19
14/2/19
4/2/19
Suscribirse a:
Entradas (Atom)