Biblioteca IES Agra de Raíces.

27/1/21

Celia e Maite recoñecen que Haulden é un gran lector...

 


Pois aquí tedes unha nova presentación Prezi. Nesta ocasión, Celia e Maite, alumnas de 1º de Bacharelato, investigaron ben a fondo o tipo de lecturas que lle gustan a Haulden. Obras coma "O regreso do nativo" de Thomas Hardy ou o "David Copperfield" de Dickens son algunhas delas. Queredes coñecer máis? Premede na imaxe para estar ao tanto do que lle interesa ler ao noso amigo de "O vixía no centeo".

DÍA DA EDUCACIÓN - DÍA DA PAZ


Con motivo da conmemoración destas datas tan sinaladas, ofrecémosvos esta nova presentación prezzi con recursos diversos, elaborada polo equipo da biblioteca en colaboración có Club de Lectura, Club de Letras e ENDL.  Podedes pinchar na imaxe para vela.



                                                   

13/1/21

Quen es, Salinger? Mateo e Lois xa o saben!


No primeiro trimestre do curso, @s alumn@s do club de lectura de 1° de Bacharelato fixéronse colegas de Haulden Caufield.

Ao principio a relación foi boa, caéronse ben, pero a cousa foi cambiando a medida que tiñan lugar as nosas reunións dos mércores no segundo recreo.
Pero... Por que sucedeu isto? Por que a amizade non chegou a bo porto? Poderemos descubrilo?

Aquí temos a primeira das actividades sobre o libro, preparada por Mateo e Lois. Unha pequena presentación sobre a vida e obra do autor de "O vixía no centeo".