Biblioteca IES Agra de Raíces.

24/3/22

 

DESENTERRANDO LIBROS DA AREA

Continúan as nosas actividades neste mes de marzo, as integrantes do Club de lectura "Libros coma area" fixeron memoria sobre os libro que as marcaron ao longo da súa vida e que queren compartir cos demais. Tras reunir unha lista digna dos mellores premios, coa colaboración do equipo de biblioteca do centro, adquirimos algúns exemplares para que eses libros para o recordo tamén estean nos fondos da biblioteca do centro.



Por outra banda, o grupo de alumnas de primeiro da ESO devorou outro libro máis, "Nós seis" de Julia Lago. Esta obra trátase dunha banda deseñada que conta as vivencias dunha rapaza nun internado de época franquista. Agora, o seguinte desafío é unirse á lectura do Hobbit, o cal xa están lendo ás compañeiras de 2º e 3º da ESO.


10/3/22

 

UN ANTROIDO DE PELÍCULA

A comezos de febreiro, o equipo de Biblioteca e a coordinación do Club de lectura "Libros coma area", publicábamos as  bases do concurso "Entroido cinematográfico 2022", a celebrar o 25 de febreiro cun photocall na biblioteca do centro. Foron moitos os grupos participantes, resultando gañadoras o grupo de 1º ESO C formado por Daniela Fernández, Sandra Casáis, Sofía Ana Wrona, Xana Corbelle y Alba Trillo, coa sua caracterización de "Stranger Things".  Aquí as podedes ver, e serán agasalladas cuns vales para desfrutar dunha merenda na cafetería do centro.  Parabéns!!

Maís abaixo tendes algúns dos outros grupos participantes, incluindo a comparsa dos "profes" coa representación da película "Sufraxistas", así como a foto a presentación dixital con tódolos participantes no seguinte enlace:

https://docs.google.com/presentation/d/13Ok3YXlA1T5w0LQZIp23U8fDbt-2KgUY/edit#slide=id.p1



Grupo gañador "Stranger Things" de 1º ESO C