DESENTERRANDO LIBROS DA AREA
Continúan as nosas actividades neste mes de marzo, as integrantes do Club de lectura "Libros coma area" fixeron memoria sobre os libro que as marcaron ao longo da súa vida e que queren compartir cos demais. Tras reunir unha lista digna dos mellores premios, coa colaboración do equipo de biblioteca do centro, adquirimos algúns exemplares para que eses libros para o recordo tamén estean nos fondos da biblioteca do centro.
Por outra banda, o grupo de alumnas de primeiro da ESO devorou outro libro máis, "Nós seis" de Julia Lago. Esta obra trátase dunha banda deseñada que conta as vivencias dunha rapaza nun internado de época franquista. Agora, o seguinte desafío é unirse á lectura do Hobbit, o cal xa están lendo ás compañeiras de 2º e 3º da ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario