Biblioteca IES Agra de Raíces.
Mostrando entradas con la etiqueta praia dos afogados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta praia dos afogados. Mostrar todas las entradas

23/5/14

A praia dos afogados

A praia dos afogados en película!!!! Primeiro rumores, logo noticia e agora rodaxe!!!
A praia dos afogados, un dos primeiros libros que lemos en libros coma area no 1º ano da nosa andaina, pasa á gran pantalla. A película está sendo rodada en Nigrán polo director Gerardo Herrero e con Carmelo Gómez como prota, esperamos ansiosos á saída en pantalla.
Foto: lavozdegalicia.es 23/05/2014

17/4/12

O MARTES 24: ROTEIRO!

Panxón, imaxe aerea de Google Maps
O martes 24 imos facer o Roteiro que a editorial Galaxia organiza polos escenarios onde se desenvolve A praia dos afogados, a novela de Domingo Villar que lemos no noso club de lectura fai uns meses.
Iremos con alumnos e alumnas de 4º de ESO que leron o libro para a disciplina de Lingua Galega e máis con varias profesoras de galego.

16/3/12

Imaxes de areeir@s en reunións de A praia dos afogados

Recompilación de imaxes das reunións do club de lectura sobre A praia dos afogados.Rematamos a 1ª lectura e agora leremos unha proposta dos areeiros alumn@s, xa vos iremos contando. Esperamos que vos guste o vídeo!! Música Luar na Lubre.

12/3/12

Rematamos ca Praia dos afogados

Areeiros e areeiras comemos xuntos!!!! A derradeira xuntanza de A praia dos afogados será comendo no instituto para ter máis tempo e poder charlar sen que toque o timbre e nos teñamos que ir. Xa vos mostraremos aquí probas gráficas da nosa xuntanza.

23/2/12

A praia dos afogados na gran pantalla

Unha noticia do xornal de xaneiro deste ano anuncia que antes de final de ano poderemos desfrutar da versión cinematográfica de "A praia dos afogados". Deixámosvos aquí a noticia e agardamos con ansiedade este momento.

10/2/12

1ª lectura elixida por unanimidade!!

Libros coma a area decidiu empezar a súa andaina entrando no mundo da investigación policial cunha das novelas máis comentadas nos clubs doutros institutos. Acompañaremos ó inspector de policía Leo Caldas na resolución do seu caso na novela A praia dos afogados de Domingo Villar. 
"Leo Caldas, inspector de policía, enfróntase a un novo caso. Esta vez a aparición do cadáver dun mariñeiro, alcumado O Rubio, nunha praia de Panxón dálle bastantes quebradeiros de cabeza. Hai momentos nos que a investigación parece estancarse, pero el sempre tenta abrir novas vías que permitan resolver este misterio, acompañado do seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés de armas tomar que contrasta co carácter do seu superior."