Graciñas a todos e a todas por colaborar con Libroscomarea, sen vós non sería posible. Quédavos aquí unha recompilación de todos os libros que lemos entre os dous clubs.Boas vacacións boas lecturas a todos!!!!!!
Biblioteca IES Agra de Raíces.
27/6/13
24/6/13
Visita de Concha Blanco
Como xa anunciáramos na entrada anterior, despedimos o curso 2012-2013 de Libroscomarea con Concha Blanco. A hora que esta escritora compartiu cos membros do club de lectura foi extraordinaria. As súas verbas mantiveron asombro e silencio absoluto na biblioteca ata que chegou a quenda das perguntas ás que ela contestou amablemente abrindo incluso un pequeno debate.Non só falou de Nano senón de moitos temas relacionados coa lectura e coa escritura. Non chegou a nada o tempo da visita, xa que había moitas actividades no centro e nunha sesión xa tivemos que abandoar a biblio pero voltaremos a invitala para outro dos seus libros para o curso que vén, Berta non soubo voar!!!
Moitas grazas por acompañarnos!!!!!
7/6/13
Despedida de Libroscomarea con Nano!!!!!!!!!!!!
O curso está chegando ó seu fin e con el a convocatoria de Libroscomarea. Na despedida deste curso acompañáranos a escritora Concha Blanco, veciña de Cee e profesora de de lingua Galega neste centro durante moitos anos.O libro elixido para os dous clubs é Nano e con el e con Concha depedideremos o club o 21 de xuño.
Moitos dos lectores xa o teñen lido e empezan os primeiros comentarios:
"Non me esperaba ese final", "..vaia xiro deu o contido", "ó principio non pensaba que se trataría ese tema"......
Seguiremos contando novidades dos lectores sobre Nano!!!!!!!!!
4/6/13
VI Xornadas de Clubs de Lectura
Como anunciamos na entrada anterior, o venres 31 acudimos ós VI Xornadas dos Clubs de Lectura organizados en Santiago. A mañá empezou co tema, Lectura Social e foi Gemma Lluch que nos falou da elección de libros e dun amplo abanico de técnicas ás que recurrir para animar ós alumnos no mundo da lectura. Logo tivemos a mesa coa posta en común dos compañeiros representantes das catro provincias galegas contándonos as súas experiencias e para finalizar a mañá tivemos a presentación da rede social galega do libro, Redelibros.
Despois dun xantar en común onde aproveitamos para comentar as nosas experiencias chegou a quenda de elixir sá según os intereses e Libros coma area acudíu a Recursos dixitais e medios audiovisuais ó servizo da lectura onde puidemos aprender diversas maneiras de expoñer contidos ou o bo resultado de videoconferencias con escritores. Para finalizar o día, acudimos á espectacular charla de Marcos Calveiro, Ler, escribir e amar e ó fin de festa con Cándido Pazó, sempre fantástico co seu espectáculo, O burro da biblioteca.
Moitas grazas á biblioteca O segrel do Penedo por compartir estas fantásticas fotografías no seu álbum.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)