Biblioteca IES Agra de Raíces.

4/6/13

VI Xornadas de Clubs de Lectura

Como anunciamos na entrada anterior, o venres 31 acudimos ós VI Xornadas dos Clubs de Lectura organizados en Santiago. A mañá empezou co tema, Lectura Social e foi Gemma Lluch que nos falou da elección de libros e dun amplo abanico de técnicas ás que recurrir para animar ós alumnos no mundo da lectura. Logo tivemos a mesa coa posta en común dos compañeiros representantes das catro provincias galegas contándonos as súas experiencias e para finalizar a mañá tivemos a  presentación da rede social galega do libro, Redelibros.
Despois dun xantar en común onde aproveitamos para comentar as nosas experiencias chegou a quenda de elixir sá según os intereses e Libros coma area acudíu a Recursos dixitais e medios audiovisuais ó servizo da lectura onde puidemos aprender diversas maneiras de expoñer contidos ou o bo resultado de videoconferencias con escritores. Para finalizar o día, acudimos á espectacular charla de Marcos Calveiro, Ler, escribir e amar e ó fin de festa con Cándido Pazó, sempre fantástico co seu espectáculo, O burro da biblioteca. 
Moitas grazas á biblioteca O segrel do Penedo por compartir estas fantásticas fotografías no seu álbum.

No hay comentarios:

Publicar un comentario