Xa tivemos a xuntanza de Nunca seré tu héroe, un éxito, coma sempre, está claro que este libro triunfa nos clubs de lectura, pronto colgaremos algunha foto. Agora dicirvos que xa temos novo libro para o club, na semana das letras lemos a Rosa Aneiros co libro Ámote Leo A., a ver que tal resulta e se todo vai ben, seguiremos co resto dos libros da triloxía.
Biblioteca IES Agra de Raíces.
Mostrando entradas con la etiqueta 2014-2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2014-2015. Mostrar todas las entradas
11/5/15
25/4/15
Parabéns a Agustín Fernández Paz.
Libroscomarea tamén leu a Agustín Fernández Paz no curso 2013-2014, nós fomos un deses 64 clubs que lemos algún libro del no curso pasado. Por ser o autor galego máis lido nos clubs de lectura recoñéceselle o Premio dos Clubs de lectura que se lle entregará nas Xornadas dos clubs que se celebrarán en xuño.
23/4/15
Nunca seré tu héroe no club do 1º ciclo.
María Menéndez-Ponte Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.
Fai dous cursos que libroscomarea leiu este libro no club e resultou un éxito, a ver os alumnos e alumnas deste curso o que opinan.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!
22/4/15
Os fillos do mar
Case nos olvidamos de comentarvos que no club de lectura de bacharelato estamos lendo a novela de aventuras Os fillos do mar de Pedro de Feijoo.
Lemos en moitos blogs e foros que se estaba lendo ou xa se lera esta novela en moitos clubs e libroscomarea sempre acerta cando elixe unha novela recomendada nestes sitios amigos.
A verdade é que agora que xa levamos todos varios capítulos sí podemos dicir que foi boa elección; podedes vernos nos corredores, na porta da cafetería, na biblio...preguntándonos:
- Ti en que capítulo vas?
- Ah sí, entón xa pasaches.....
- Pois verás o que pasa despois....
- Eu non entendo a onde quere chegar.....
13/4/15
Rematamos o Diario Vermello de Carlota no club de bacharelato.
O Diario Vermello de Carlota, de Gemma Lienas, é un libro de divulgación sobre a sexualidade escrito para adolescentes. Un libro que se adoita ler moito nos clubs de lectura e que libroscomarea tardou uns anos en elixilo pero valiu a pena, as opinións foron diversas entre os lectores e agora queda pedente O diario de Flanagan, que se debería ler paralelamente con este pero que nós imos deixar para outro momento para cambiar un pouco de estilo.
7/4/15
Xuntanza 1º ciclo
Foi a xuntanza dos libros de Fran Castro, a uns gustáronlles e a outros non tanto, houbo opinións diversas. O que sí coincidimos é que o favorito é Chamádeme Simbad, Un bosque cheo de faias enganou a moitos dos lectores en relación ós sucesos dos personaxes pero moi bo resumo.
6/3/15
O diario vermello de Carlota
Logo da xuntanza de O único que queda é o amor na que houbo todo tipo de opinións e gustos cambiamos a outro tipo de libro. Como recomendación da profesora de Bioloxía ímonos adentrar en algo tan persoal como o diario dunha adolescente. O diario Vermello de Carlota de Gemma Lienas é a nosa nova promesa.
2/2/15
Novo libro no club dos maiores
Unha vez rematado Tiempo de Vida de Marcos Girald Torrente, libro que sorprendentemente ós alumnos non lles acabou de convencer e non obstante para os profesores foi un descubrimento fantástico; pasamos a ler O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e ilustrado por Paula Auladell.
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!
8/1/15
Fran Castro
Cambiamos de estilo en Libroscomarea e a segunda elección da nosa andaina serán dous libros do escritor Francisco Castro. Algúns empezaremos navegando con Chamádeme Simbad e outros introducirémonos no asombroso mundo de O bosque cheo de Faias, logo intercambiaremos os papeis para reunirnos e comentar as dúas obras á vez.
Agardamos impacientes que rematedes as lecturas!!!!
Xuntanza Las lágrimas de Shiva
Exitosa, como sempre, a lectura de Las lágrimas de Shiva. Tod@s os areeiros coincidiron no bonito que é o libro e puntualizaron detalles moi significativos da obra.
9/12/14
Xuntanza Las lágrimas de Shiva
Este xoves 11 de decembro temos a xuntanza da 1ª lectura deste curso: Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí.
Neste libro, a parte de toda a historia narrada, xoga un papel moi importante a música e é por isto que imos deixar aquí vídeos da música preferida dalgún dos protagonistas e tendes que averigurar a quen lle gustaba cada tema.
Los Beatles:
Los Rolling Stones:
Leonard Cohen:
Tango, Carlos Gardel:
Tchaikovsky:
Grazas a Carmen Andreu Gisbert por compartir os seus contidos educativos no seu blog de Língua e literatura castelá.
Neste libro, a parte de toda a historia narrada, xoga un papel moi importante a música e é por isto que imos deixar aquí vídeos da música preferida dalgún dos protagonistas e tendes que averigurar a quen lle gustaba cada tema.
A XOGAR!!!!!!!!!!
Los Beatles:
Los Rolling Stones:
Leonard Cohen:
Tango, Carlos Gardel:
Tchaikovsky:
Grazas a Carmen Andreu Gisbert por compartir os seus contidos educativos no seu blog de Língua e literatura castelá.
18/11/14
1º libro de libroscomarea 2014-2015
Un curso máis libroscomarea empeza a súa andaina con lecturas divertidas, o primerio libro proposto é Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí que obtuvo moito éxito no curso 2012-2013. Podes ver os enlaces dese curso neste mesmo blog. Podes pasar a recollelo na biblioteca e pronto anunciaremos a primeira xuntanza para falar do libro.
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!!
2/10/14
Libros coma area xa está aquí
Un curso máis Biblioteca Viva pon en marcha Libros coma area, o club de lectura do IES Agra de Raíces. Pronto faremos pública a convocatoria para a presentación do club, formar os grupos e empezar a ler coma area.
Benvidas e benvidos a libroscomarea!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







