Biblioteca IES Agra de Raíces.

8/11/17

DÍPTICO: EN SAMAÍN TREMEMOS SEN FIN

IDES TREMER DE MEDOOOOO!

E despois da comida en común na cafeteria do centro fomos á  nosa querida biblioteca, para facer unhas lecturas arrepiantes e a ver uns vídeos de medo, como manda a tradición do Samaín.



Para iso (e para outros vídeos que se verían o día seguinte, durante o segundo recreo, por iniciativa da Biblioteca), o local estaba oportunamente ambientado con arañas, arañeiras, morcegos, velas, cabazas e outros elementos apropiados para a ocasión.



Membros de cada un dos grupos leron relatos escollidos moi apreciados polo público, que foron:

  • Noemi Romero Alvite de “Arroases de Gures” leu O neno con crista de galo de Antonio Reigosa.
  • Lois Fraga Díaz, de "Arroases de Ézaro" leu A caveira do morto de Antonio Reigosa.
  • Sabela Lema Riveiro, de "Arroases de Estorde" leu El corazón peludo del brujo de J. K. Rowling.
  • Elisa Pradales Martínez, de "Baleas de Caneliñas" leu El corazón delator de Edgar Allan Poe.


 Despois diso proxectamos as seguintes curtas de terror: 


  • La leyenda del espantapájaros de Marco Besas.
  • Vincent de Tim Burton.
  • Mamá de Andy Muchietti.





ESTAMOS DE VOLTA! PRIMEIRA COMIDA EN COMÚN DO CURSO


LIBROS COMA AREA, EDICIÓN 2017-2018

PARTE DA NOSA INSTALACIÓN DE BENVIDA AO CURSO 2017-2018


Xa estamos de volta! Este anos somos uns 45 "areeiros" entre alumnos, alumnas, profesoras e profesores, e comezamos a fume de carozo... ou de cabaza! Somos, de novo os "Arroases de Gures", os "Arroases de Ézaro", os "Arroases de Estorde" e as "Baleas de Caneliñas", baixo a coordinación, respectivamente, de Ángeles Martínez Espasandín (Castelán), Azucena Varela Pallas (Matemáticas), Matilde Mosquera Lendorio e Mar Rozas Fernández (Galego e Matemáticas) e Manuel Carande Herrero (Latín e Grego).


Decicimos entrar en contacto mediante unha comida en común, na cafetería do instituto, seguida das reunións correspondentes, iso si, aderezadas polas madalenas e tartas (receitas de Escarlatina) que fixeron algúns dos lectores (e que tamén puxeron en común, coma as súas opinións).



Escarlatina, cociñando

Os "Arroases de Gures" leron Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costa, que foi un éxito, coma outros anos, pois as aventuras de Román, Escarlatina, Lady Horreur e Dodoto, no Mortobús polo inframundo adiante causan nos lectores diversión e medo a partes iguais.


Os "Arroases de Ézaro" leron La sombra del gato y otros relatos de terror de Concha López Narváez, relatos inquietantes e terroríficos que despertan en nós os medos ao descoñecido e ao extraño. Algúns non poideron coas sensacións e tiveron que deixar a lectura antes de tempo.

Un bosque cheo de faias foi a lectura dos "Arroases de Ézaro": Alexandre, Manuel e Antón son tres adolescentes que se reúnen no bar Grapas, na zona vella da cidade, que vén de cambiar de propietario. Engádese ao grupo Nelson, veciño de Manuel, un rapaz negro que acaba de chegar á cidade e é acollido con entusiasmo polo grupo. De repente, un día Manuel e seu pai reciben unha paliza dun grupo de neonazis. Este libro trata con moita sensibilidade temas moi relevantes para a formación da personalidade: o respecto, a amizade, o racismo, o nazismo...

Ilustración de El escarabajo de oro
El escarabajo de oro y otros relatos de terror de Edgar Allan Poe foi o libro elixido para as "Baleas de Caneliñas". No Escarabajo de oro nárrase a busca dun tesouro, nos século XVIII na Illa de Sullivan, cerca de Charleston, por parte de Legrand e do narrador, nun ambiente de misterio e criptografía que fan deste relato un dos máis xeniais e famosos contos de misterio da historia da literatura. 

E de aí saímos para a biblioteca, para facer unhas lecturas arrepiantes que contamos noutra entrada deste blog.