Biblioteca IES Agra de Raíces.

25/10/21

VOLVEU LIBROS COMA AREA! 

O venres, día 22, tiveron lugar as primeiras sesións do club de lectura, así pois a biblioteca deo Agra de Raíces volveu a ser un lugar de encontro para os amantes da lectura.

No primeiro recreo xuntáronse o grupo de 2º e 3º da ESO co de 4º da ESO e 1º de BACH, sendo unha boa oportunidade para facer novos amigos e amigas. 

O grupo de 2º e 3º recibiron o primeiro libro do ano, A balada dos unicornios de Ledicia Costas. Este libro conta a historia Agatha Mcleod, unha xoven e xenial inventora, que deberá emprender unha aventura para salvar ao seu mellor amigo. Neste libro veremos a mestura de maxia e ciencia a través do abraiantes inventos desta nena.


O grupo de 4º e 1º BACH inician este ano con Memoria do silencio de Eva Mejuto, as alumnas do club veranse inmersas nunha trama ambientada en Galicia durante a II Guerra Mundial. Lola, unha brava muller, arriscará a súa vida para salvar outras durante un dos episodios máis negros da humanidade, o Holocausto.


No segundo recreo os entusiastas nenos e nenas de 1º da ESO reuníronse coa profesora Lara Trillo para presentar o libro El coleccionista de relojes extraordinarios de Laura Gallego. Nesta obra, o protagonista deberá visitar a Ciudad Antigua, unha urbe que se transforma polas noites, para salva a alma da súa madrastra.


Recordamos, a todos aqueles que queran participar, que aínda podedes apuntarvos e que estamos desexando contar con vós no club de lectura Libros coma area!


14/10/21

BENVIDAS/OS AO NOVO CURSO EN BIBLIORAICES

Un ano máis, desde as primeiras xornadas de clase, comezamos coas actividades en Biblioraíces. Xa, desde o día 20 de setembro, temos a disposición da comunidade educativa o servizo de préstamo de fondos e, en breve, imos comezar cos diferentes grupos do club de lectura "Libros como area!".

Os 10 voluntario/as que temos inscritos neste curso xa están dando os seus primeiros pasos colaborando con nós durante os primeiros recreos e serán, sen dúbida un activo moi importante ao longo do curso; tamén se están a desenvolver as xornadas de información para o novo alumnado, das que en breve publicaremos algunha imaxe.

Os pedidos de novos títulos xa van inundando de novo os andeis e, neste senso, queremos salientar o esforzo que estamos a facer en camiñar cara unha biblioteca máis inclusiva e accesible para todo tipo de lectores.  Por iso, moitos dos exemplares recentemente adquiridos, axústanse ao protocolo de Lectura Fácil, o que permitirá un traballo máis axeitado e acorde coa diversidade que temos no centro.

En breve publicaremos unha presentación coas principais novidades en Biblioraíces, así como as bases do xa tradicional Concurso de Relatos de Terror do Samaín, que neste caso terán formato de "microrelato" e que contará con numerosos premios para os rapaces e rapazas participantes.

Un saúdo para tod@s e non deixedes de acercarvos á Biblioteca!



11/10/21

 BENVIDOS AO CURSO 2021/2022 CON LIBROS COMA AREA!

Un ano máis, o club de lectura LIBROS COMA AREA! volve a comezar as súas actividades, ao longo da semana do 18 ao 22 de outubro realízaremos as sesións de presentación. Tamén aproveitaremos para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de Outubro) en colaboración coa Biblioteca do IES Agra de Raíces.


O alumnado que mostrou interese en participar será avisado do horario das sesións de presentación ao longo da semana anterior. Esta notificación farase na súa propia aula polo coordinador do club de lectura. Tamén aproveitamos para dicir que segue aberta a posibilidade de apuntarse no club para todos os alumnos e alumnas que o desexen.