Biblioteca IES Agra de Raíces.

25/10/21

VOLVEU LIBROS COMA AREA! 

O venres, día 22, tiveron lugar as primeiras sesións do club de lectura, así pois a biblioteca deo Agra de Raíces volveu a ser un lugar de encontro para os amantes da lectura.

No primeiro recreo xuntáronse o grupo de 2º e 3º da ESO co de 4º da ESO e 1º de BACH, sendo unha boa oportunidade para facer novos amigos e amigas. 

O grupo de 2º e 3º recibiron o primeiro libro do ano, A balada dos unicornios de Ledicia Costas. Este libro conta a historia Agatha Mcleod, unha xoven e xenial inventora, que deberá emprender unha aventura para salvar ao seu mellor amigo. Neste libro veremos a mestura de maxia e ciencia a través do abraiantes inventos desta nena.


O grupo de 4º e 1º BACH inician este ano con Memoria do silencio de Eva Mejuto, as alumnas do club veranse inmersas nunha trama ambientada en Galicia durante a II Guerra Mundial. Lola, unha brava muller, arriscará a súa vida para salvar outras durante un dos episodios máis negros da humanidade, o Holocausto.


No segundo recreo os entusiastas nenos e nenas de 1º da ESO reuníronse coa profesora Lara Trillo para presentar o libro El coleccionista de relojes extraordinarios de Laura Gallego. Nesta obra, o protagonista deberá visitar a Ciudad Antigua, unha urbe que se transforma polas noites, para salva a alma da súa madrastra.


Recordamos, a todos aqueles que queran participar, que aínda podedes apuntarvos e que estamos desexando contar con vós no club de lectura Libros coma area!


No hay comentarios:

Publicar un comentario