Biblioteca IES Agra de Raíces.

14/10/21

BENVIDAS/OS AO NOVO CURSO EN BIBLIORAICES

Un ano máis, desde as primeiras xornadas de clase, comezamos coas actividades en Biblioraíces. Xa, desde o día 20 de setembro, temos a disposición da comunidade educativa o servizo de préstamo de fondos e, en breve, imos comezar cos diferentes grupos do club de lectura "Libros como area!".

Os 10 voluntario/as que temos inscritos neste curso xa están dando os seus primeiros pasos colaborando con nós durante os primeiros recreos e serán, sen dúbida un activo moi importante ao longo do curso; tamén se están a desenvolver as xornadas de información para o novo alumnado, das que en breve publicaremos algunha imaxe.

Os pedidos de novos títulos xa van inundando de novo os andeis e, neste senso, queremos salientar o esforzo que estamos a facer en camiñar cara unha biblioteca máis inclusiva e accesible para todo tipo de lectores.  Por iso, moitos dos exemplares recentemente adquiridos, axústanse ao protocolo de Lectura Fácil, o que permitirá un traballo máis axeitado e acorde coa diversidade que temos no centro.

En breve publicaremos unha presentación coas principais novidades en Biblioraíces, así como as bases do xa tradicional Concurso de Relatos de Terror do Samaín, que neste caso terán formato de "microrelato" e que contará con numerosos premios para os rapaces e rapazas participantes.

Un saúdo para tod@s e non deixedes de acercarvos á Biblioteca!



No hay comentarios:

Publicar un comentario