Un grupo de rapaces
Pero coa calor que facía
Polo chan acabáronse arrastrando.
Dezanove de
Xuño de dous mil quince. Os areeiros e areeiras do instituto IES Agra de Raíces
chegan a Portonovo onde una grande aventura agarda por eles, así como un calor
de trinta grados.
Os seus colegas
do clube de lectura "A Praia das Palabras" esperan alí por eles para
montar nun barco e chegar ata a illa de Ons, escenario no que se produce a
historia dun dos libros lidos por ámbolos dous clubes de lectura e que se chama
Os fillos do mar, escrito por Pedro
Feijoo.
Unha vez
chegados á illa fan un roteiro pola metade sur desta, onde ven un dos lugares clave na historia contada por
Pedro Feijoo, o Burato do Inferno é segundo conta a lenda, a entrada ó mesmo
inferno e nos días de tormenta pódense oír os lamentos das almas en pena.
Unha vez
rematado o roteiro, tanto os areeiros e areeiras como os seus colegas de
Vilalonga descansan na praia da illa de Ons, onde comen e pasan a tarde de
relax, falando e rindo. Pero ás sete da tarde o barco ven de volta e toca
marchar. A viaxe en barco tamén é divertida e todos aproveitan para sacaren
alguna foto a bordo e para disfrutaren das fantásticas vistas ás illas Cíes e a
Ribeira.
Unha vez en
porto todos os lectores se despiden e cada un vai para un lado, pero a aventura
ainda non rematou para os nosos areeiros, xa que se atopan cunhas redeiras coas
que o seu profesor se para a falar para pedirlles una foto, elas aceptan todas
contentas e coméntanlles ós nosos areeiros que teñen uns gatiños en busca dun
fogar, porque foron abandoados pola súa nai. Os rapaces deciden adoptar un
gatiño que se convirte na nova mascota do clube de Lectura "Libros coma
area" e que levará o nome de Leo.
Despídenses das mulleres a seguen o seu camiño en busca do bus.
O profesor
decide invitar a todos os raparigos a un xeado antes de decirle adiós a Portonovo
e emprender a viaxe de volta, o que axudará ós areeiros a sobrevivir a ño calor
abafante que soportaron durante todo o día.
Esta xornada de
aventura sérvenos para ver o escenario dun dos libros lidos durante o curso, pero
ademáis tamén nos serve para darnos conta de que no noso clube de lectura somos
como una pequeña familia que fui unida grazas ó amor á lectura e que nunca vai
ser separada, por eso debemos agradecer a existencia dos libros e a de toda esa
xente que mantén viva o hábito de ler, porque é una das mellores cousas de este
mundo.
Unha areeira máis
CULPABLES de Lara Lema Pérez
Durante anos o Buraco do Inferno foi un lugar temido por todos; agora, convertido nun espazo turístico, as lendas volven a asolagar a Illa de Ons cando unha persoa é atopada morta.
O aviso deuno un turista cando se decatou das marcas de sangue que había nas rochas e dos anacos de roupa rotos que penduraban dalgunhas polas. A vítima era unha rapaza nova, non máis de 18 anos, que fora a pasar uns días na illa co seu instituto. Pero non podemos chamala vítima porque non foi un homicidio, polo menos non un directo. Xulia, a rapaza, acabou ca súa vida o venres 19 de xuño. Ninguén podía atopar unha explicación razoable ao acontecido, “ela era unha persoa alegre e chea de vitalidade” dicían. A verdade era que ninguén se molestou en coñecela o suficiente como para saber como era, os seus pais estaban sempre traballando “para que a nosa filla non lle falte de nada”. Non se decataron a tempo de que non todo se arranxa con cartos.
No seu instituto sufría bullyng por parte dos seus compañeiros e, malia o coñecemento do problema por parte dos profesores estes non fixeron nada. Non querían arruinarlle a vida aos culpables, non contaron con que iso ía a acabar coa vida da vítima.
Xulia amaba ler, en especial novelas sobre lendas antigas e sobre maxia, e tal e como expuxo na súa carta de despedida parecíalle ‘romántica’ a idea de tirarse Ó Buraco do Inferno porque era onde as almas que cumprían condena se atopaban. Preguntábase sobre a posibilidade de que a lenda fora real, de que tamén existira ese touro con cornos de ouro vixiando a entrada para que ninguén puidese saír.
No seu instituto gardouse un minuto de silencio pola súa morta e a xente choraba recordando a súa memoria. Non lle adicaran ningunha atención cando estaba viva pero eloxiábana despois da súa morte.
Hoxe, a vida continua sen moita alteración no pobo da rapaza. Os seus pais seguen a estar mais preocupados do traballo que de ser felices e os compañeiros que maltrataban a Xulia seguen as súas clases con normalidade.
Ao final a vítima paga as consecuencias mentres que os culpables desfrutan dos seus privilexios. Benvidos á sociedade do ano 2015.
Hoxe é unha noite fría,
mañá unha mañá morna,
e unha casa que me acolla.
Leo B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario