Unha vez establecidos os subgrupos, ou mellor dito, os subclubs librocomaarea, empezamos a ler con forza outro curso máis.
O club dos máis pequenos comenza cun libro xa coñecido polos areeiros de biblioraíces e por moitos nenos e adultos que forman os clubs de lectura de bibliotecas escolares; este libro é A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos, espero que vos guste!!!
No club de lectura dos máis maiores, ou de continuidade podemos chamarlle, empezamos o curso co prometido a finais do curso anterior, a nosa primeira lectura é Berta, de Concha Blanco. Concha acompañounos a finais do curso pasado nunha excelente cita na biblioteca e aí acordamos empezar o curso con Berta para comentar precisamente esta obra coincidindo co 25 de Novembro, día internacional en contra da violencia de xénero, tema principal do libro. Esperamos que vos guste e que dea moito para comentar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario