O DESQUITE
O luns, día 30, tivo lugar a segunda volta do duelo de libros protagonizado polo alumnado de 1º da ESO; tras ler, antes do Nadal, Coraline ou Las brujas, agora os nenos e nenas de Libros como area! desfrutaron da obra que aínda non leran. No primeiro recreo realizamos a reunión centrada en Las brujas e no segundo, Coraline; despois de comentar os aspectos máis salientables de cada obra o alumnado opinou sobre que libro lles gustara máis. Temos que dicir que houbo opinións enfrontadas polo que podemos falar dun empate.
Aquí temos o grupo que leu Las brujas na segunda ronda
Tristemente temos que comunicar a transformación dos ollos en botóns no alumnado que leu Coraline
No hay comentarios:
Publicar un comentario