Biblioteca IES Agra de Raíces.

6/2/23

 A CANDELORIA

O xoves pasado, 2 de Febreiro, realizáronse unha serie de actividades para celebrar A Candeloria e o Día do namoramento dos paxaros. O grupo de Dinamización lingüística, en colaboración cos equipos de Biblioteca e do Club de lectura, organizou a decoración do centro cunha serie de paxaros de papel que incluían mensaxes relacionadas co amor.




Nun dos espazos máis visibles do centro situáronse unha serie de poemas de temática amorosa, algúns deles foron realizados por integrantes do grupo de lectura de 3º/4º da ESO e 1º de BACH.




Durante os dous recreos deste día, tivo lugar tamén a xuntanza do club de lectura dos máis veteranos, os rapaces e rapazas leron os poemas redactados. Ademais dos participantes habituais, asistiron outros alumnos e alumnas que fixeran poemas de amor para o Día da Candeloria.




Para que vexades o arte que atesoran os nenos e nenas do IES Agra de Raíces, e de Libros coma area! en especial, facemos aquí unha mostra dos poemas creados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario