Biblioteca IES Agra de Raíces.

24/2/23

 MÁIS LIBROS!!!

Continuamos falando das nosas actividades deste mes tan curto pero que dá para tanto. O día 16, os rapaces e rapazas de 1º da ESO reuníronse para comentar unha nova obra, Nós Seis de Julia Lago; a todos eles sorprendeulles a dureza das vivencias da rapaza protagonista pero, ao mesmo tempo, desfrutaron do seu bo humor ante a adversidade.



Nós Nove


Unha semana despois, o día 23, o grupo de 3º/4º da ESO e 1º de BACH realizou a segunda volta do duelo de libros, La Puerta de Manel Loureiro fronte a Infamia de Ledicia Costas. Nesta ocasión xuntáronse os dous desdobre e compartiron impresións sobre que libro gustara máis, ante a disparidade de opinións podémolo deixar en empate. Non obstante, no caso de Infamia, as alumnas quedaron con gañas dunha segunda parte.


Aquí temos ao grupo das máis veteranas reunidas, só  faltaron dúas rapazas que non puideron vir 

Isto é todo por hoxe, nos próximos días falaremos do espectacular Antroido celebrado no IES Agra de Raíces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario