RECAPITULANDO
Co comezo do ano 2023, desde o club de lectura Libros coma area! queremos facer un analise da nosa andaina no que levamos de curso, por outra banda tamén reflexionaremos sobre as novidades que nos agarda neste ano que comeza.
O curso 2022/2023 supuxo un aumento no número dos nosos membros, deste xeito tivemos que repartir os dous grupos en dous desdobres cada un para poder compartir os libros. Este sistema fixo que cada desdobre lera un libro distinto e se reunira por separado; sen embargo, tras intercambiar os libros antes das navidades, na seguinte reunión de análise das obras voltarémonos a xuntar todos e poñeremos en común as nosas experiencias. Isto supoñerá a fin do ciclo de lectura de fantasía escura (Las Brujas e Coraline) no caso do grupo de 1º e 2º da ESO, e no caso do grupo de 3º e 4º da ESO e 1º de BACH o fin do ciclo de novela de suspense (La puerta e Infamia).
Por tanto no segundo trimestre incorporaremos novas obras e temáticas, ademais xa estamos a traballar na iniciativa "Unha mensaxe enterrada nos libros", que tan boa acollida tivo o ano pasado. Os alumnos e alumnas do club están elixindo un libro para que a biblioteca do centro se faga con el e poidan deixar unha mensaxe asinada no mesmo.
Para rematar mostaremos as imaxes das reunións dos desdobres do ciclo de novela de suspense que tiveron lugar o día 21 de decembro.
As tres lectoras de La puerta de Manel Loureiro xunto ao coordinador do club
O grupo que leu Infamia de Ledicia Costas
Tamén queremos sinalar que xa tivo lugar a primeira xuntanza do grupo de lectura de adultos, tras ler Corazón tan blanco de Javier Marías os membros do grupo reunímonos o día 20 de decembro para intercambiar impresións. Tras uns comezos dubidativos o libro rematou tendo unha boa aceptación e xa estamos a discutir cal pode ser a seguinte obra a ler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario