24/3/22
10/3/22
UN ANTROIDO DE PELÍCULA
A comezos de febreiro, o equipo de Biblioteca e a coordinación do Club de lectura "Libros coma area", publicábamos as bases do concurso "Entroido cinematográfico 2022", a celebrar o 25 de febreiro cun photocall na biblioteca do centro. Foron moitos os grupos participantes, resultando gañadoras o grupo de 1º ESO C formado por Daniela Fernández, Sandra Casáis, Sofía Ana Wrona, Xana Corbelle y Alba Trillo, coa sua caracterización de "Stranger Things". Aquí as podedes ver, e serán agasalladas cuns vales para desfrutar dunha merenda na cafetería do centro. Parabéns!!
Maís abaixo tendes algúns dos outros grupos participantes, incluindo a comparsa dos "profes" coa representación da película "Sufraxistas", así como a foto a presentación dixital con tódolos participantes no seguinte enlace:
https://docs.google.com/presentation/d/13Ok3YXlA1T5w0LQZIp23U8fDbt-2KgUY/edit#slide=id.p1
3/2/22
A COSTA DE XANEIRO
Despois dunhas vacacións de Nadal moi desexadas, este mes de xaneiro o club de lectura Libros coma area retomou as súas actividades. Nas reunións deste mes comentamos os avances de cada un nos libros de lectura propostos e comenzamos a desenvolver unha actividade que deixará pegada no centro, esta iniciativa foi nomeada como "Unha mensaxe enterrada nos libros". Cada un dos alumnos e alumnas do club de lectura propuxeron un libro que non tiveramos na nosa biblioteca e que tivera algún tipo de significado para eles; unha vez o teñamos, cada un dos rapaces e rapazas firmara o exemplar e deixará unha mensaxe escrita para os futuros lectores.
Por outra banda o club de lectura, en coordinación cos equipos de biblioteca e de dinamización lingüística, organizou unha exposición polos corredores do centro para conmemorar o Día da Paz. Nesta actividade participou o alumnado de 2º da ESO, 3º da ESO e 4º da ESO realizando a cartelería; os temas tratados foron a canción de temática pacifista, os conflitos bélicos actuais e os recentes gañadores dos premios Nobel da paz. Para que vexades os artistas que temas no centro aquí tedes unha mostra!!!
Cartelería sobre canción de temática pacifista feita polo alumnado de 2º da ESO
22/12/21
PREPARÁNDONOS PARA O ANO 2022!!
Estando xa a punto de acabar o ano 2021 e aproveitando o inicio das vacacións de Nadal, o club de lectura Libros coma area! quere facer un repaso polas actividades desenvoltas no mes de decembro, ademais de comentar os proxectos pendentes para o futuro 2022.
As nenas de 1º da ESO remataron de ler o libro Todas deberíamos ser feministas de Chimanda Ngozi Adichie e xa prepáranse para devorar o seu terceiro libro do curso Mamá, quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa.
25/11/21
CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN
Co motivo da festa do Samaín celebrouse, no IES Agra de Raíces, un concurso, protagonizado polo alumnado da ESO, no que as rapaces e rapazas conseguiron facernos tremer de medo. Cunha participación moi alta, máis de cen relatos de medo, o xurado tivo unha difícil labor á hora de decidir os gañadores. Os equipos de Dinamización Lingúística, Biblioteca e do Club de lectura elixiron dous gañadores por nivel da ESO, os cales recibiron un vale para un almorzo na cafetería do centro e outro canxeable en librerías da contorna.
O martes, día 23 realizouse a entrega de premios como podemos ver na seguinte fotografía.
As alumnas premiadas foron:
Xana Corbelle Ínsua con "Ver e non sentir" e Velia Dayana Ramos Tercero con "Os bonecos malditos" en 1º da ESO.
Uxía Felpete Romero con " Chamábame deus" e Carla Piñeiro Piñeiro con "Vivos ou mortos?" en 2º da ESO.
Helena Roget Souto con "O corpo" e Claudia Costa Casais con "Un monstro no meu armario" en 3º da ESO.
Marina Calo Bujeiro con "A Intervención" e Lúa Iglesias Pérez con "Por segunda vez" en 4º da ESO. 

25/10/21
VOLVEU LIBROS COMA AREA!
O venres, día 22, tiveron lugar as primeiras sesións do club de lectura, así pois a biblioteca deo Agra de Raíces volveu a ser un lugar de encontro para os amantes da lectura.
No primeiro recreo xuntáronse o grupo de 2º e 3º da ESO co de 4º da ESO e 1º de BACH, sendo unha boa oportunidade para facer novos amigos e amigas.
O grupo de 2º e 3º recibiron o primeiro libro do ano, A balada dos unicornios de Ledicia Costas. Este libro conta a historia Agatha Mcleod, unha xoven e xenial inventora, que deberá emprender unha aventura para salvar ao seu mellor amigo. Neste libro veremos a mestura de maxia e ciencia a través do abraiantes inventos desta nena.
O grupo de 4º e 1º BACH inician este ano con Memoria do silencio de Eva Mejuto, as alumnas do club veranse inmersas nunha trama ambientada en Galicia durante a II Guerra Mundial. Lola, unha brava muller, arriscará a súa vida para salvar outras durante un dos episodios máis negros da humanidade, o Holocausto.
No segundo recreo os entusiastas nenos e nenas de 1º da ESO reuníronse coa profesora Lara Trillo para presentar o libro El coleccionista de relojes extraordinarios de Laura Gallego. Nesta obra, o protagonista deberá visitar a Ciudad Antigua, unha urbe que se transforma polas noites, para salva a alma da súa madrastra.
14/10/21
BENVIDAS/OS AO NOVO CURSO EN BIBLIORAICES
Un ano máis, desde as primeiras xornadas de clase, comezamos coas actividades en Biblioraíces. Xa, desde o día 20 de setembro, temos a disposición da comunidade educativa o servizo de préstamo de fondos e, en breve, imos comezar cos diferentes grupos do club de lectura "Libros como area!".
Os 10 voluntario/as que temos inscritos neste curso xa están dando os seus primeiros pasos colaborando con nós durante os primeiros recreos e serán, sen dúbida un activo moi importante ao longo do curso; tamén se están a desenvolver as xornadas de información para o novo alumnado, das que en breve publicaremos algunha imaxe.
Os pedidos de novos títulos xa van inundando de novo os andeis e, neste senso, queremos salientar o esforzo que estamos a facer en camiñar cara unha biblioteca máis inclusiva e accesible para todo tipo de lectores. Por iso, moitos dos exemplares recentemente adquiridos, axústanse ao protocolo de Lectura Fácil, o que permitirá un traballo máis axeitado e acorde coa diversidade que temos no centro.
En breve publicaremos unha presentación coas principais novidades en Biblioraíces, así como as bases do xa tradicional Concurso de Relatos de Terror do Samaín, que neste caso terán formato de "microrelato" e que contará con numerosos premios para os rapaces e rapazas participantes.
Un saúdo para tod@s e non deixedes de acercarvos á Biblioteca!












