O pasado 4 de febreiro, as cinco alumnas do club de lectura de 1º ESO (Naiara Carreira, Yaiza Castro, Andrea Iglesias, María Mouzo e Sofía Van Der Zwan) convocaron unha sesión extraordinaria do seu grupo de lectura para poñer en práctica os xogos de mesa que confeccionaron arredor da obra Cidade Cemento, de Ana Santiso, que nos visitou no centro este luns.
As cinco estudantes estiveron a preparar o encontro literario coa poetisa e ilustradora desde comezos de xaneiro. Cidade Cemento é un álbum ilustrado onde as imaxes se combinan cos versos desta artista
ecléctica para reflexionar sobre o poder da imaxinación, que permite fuxir dun
existencia gris e anodina. Tras a lectura e revisión da obra, os membros do grupo
prepararon dous xogos de mesa arredor do seu contenido. O primeiro deles é un
puzzle composto por 17 fichas que conteñen as ilustracións da autora e outras
tantas que reproducen os versos que describen cada imaxe. O xogo consiste en
asociar cada imaxe co texto correspondente.
O
outro xogo ideado polas alumnas que forman o club “Arroaces de Gures” foi a
selección das palabras clave da obra e a súa distribución en 17 sobres. Cada un
deles contiña dous deses termos entre os que se establecía unha rima asonante. O obxectivo do xogo consistía en crear un pareado con eses dous vocablos
e que a reunión de todos eles emulara o estilo da autora e o ton filosófico que
ela emprega no seu texto.
O martes, 4 de febreiro, de 10.25h a 11.15h, as cinco alumnas puxeron en práctica os dous xogos con algúns dos seus compañeiros de 1º ESO.
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario