Dentro da campaña de animación lectora organizada polo club de lectura do IES Agra de Raíces no Nadal, atópase a confección dun
calendario no que rexistrar as datas e os eventos realizados polo noso club durante o ano 2020. Na decoración do mesmo, colaboraron varios membros
dos distintos grupos. Así, Andrea Iglesias debuxou a portada do libro
que o club de 1º ESO leu no 1º trimestre: Memorias
dun neno labrego. Érika Cives fixo a de Fóra do normal, lida polo club de 2º
ESO; Aroa Lema e Sofía Hawley elaboraron cada unha a súa propia
versión da portada de Jules Verne e a
vida secreta das mulleres planta, obra escollida no 1º trimestre polo grupo
de 3º ESO; e Helena García preparou a de O club da calceta, revisada polo grupo de 4º. Velaquí podedes ver e descargar o produto final.
Grazas a todas polo magnífico traballo realizado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario