O interese dos grupos de lectura de 1º e 4º ESO ("Arroaces de Gures" e "Baleas de Caneliñas") polas actividades de dinamización lectora levou a todos os seus integrantes a converterse en axudantes voluntarios nas tarefas da
biblioteca, adscribíndose na convocatoria “Bibliotecas Escolares Solidarias”
para o curso 2019-2020.
Ademais de apoiar ao
profesorado encargado da biblioteca nas tarefas habituais de
localización e ordenación de obras nos estantes correspondentes, selección dos
volumes destinados a reparación ou expurgo e recordatorio aos usuarios do
comportamento correcto na biblioteca, tamén se dedicaron a recomendar aos seus
compañeiros/as as obras que máis lles gustaron e participaron activamente na
confección dos trípticos e suxestións de lectura emitidos polo club de lectura. Na actualidade, estanse a ocupar da decoración da
estantería correspondente ás obras de igualdade de xénero, recén estreada na biblioteca do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario