En Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz, a avoa de Khoedi (a nena protagonista), contaba historias, oídas ou inventadas, ás nenas de Ziguinchor, entre elas á súa neta. Nestas historias tratábase, sabiamente sobre a orixe dos humanos, a amizade, a cor da nosa pel...
Nós quixemos imitar (torpemente) a este pobo sabio e fixemos esta bonita actividade.
PINTANDO A NOSA ÁRBORE DAS PALABRAS |
Pimeiro, baixo a dirección da alumna invitada Isabel Rodríguez Domínguez, demos vida, con pintura de esprai, ao noso baobab, á nosa ÁRBORE DAS PALABRAS.
Despois, á súa sombra, proxectamos cine e lemos historias.
VENDO BINTA E A GRAN IDEA |
Comezamos pola curtametraxe de Javier Fesser Binta e a gran idea, onde aprendemos bonitas leccións sobre a importancia da cultura e a educacion (especialmente nas mulleres) e sobre outras cousas que de verdade importan na vida.
Despois os areeiros leron varias historias reproducidas en
Lúa de Senegal: Miguel Quintáns Sánchez leu a "Lenda da preguiza do camaleón", Andrea Rodríguez Rodríguez a "Orixe das cores da pel" e Xiana Lago Andrade e Iria Martínez Caamaño "O príncipe da lúa".
ALEJANDRO LEIS E DENÍS PAZOS, LENDO |
Rematamos coa lectura de O rousiñol e a rosa de Óscar
Wilde, con varios arroases e baleíñas (por exemplo Alejandro Leis Trillo, Denís Pazos Lema, Elisa Pradales e Diana Domínguez Louzán) facendo os distintos papeis.
TURNO DE IRIA MARTÍNEZ E XIANA LAGO |
Para a sesión ambientamos a biblioteca con dúas exposicións, unha das numerosas obras que temos do autor Agustín Fernández Paz e outra con libros sobre o amor, en particular poesía e libros sobre mitoloxía.
LIBROS DE AMOR: PROSA, VERSO, POESÍA, ENSAIO |
E ao final animamos aos areeiros e baleíñas a que no Dia nos Namorados regalasen un poema ou un relato de amor... e unha rosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario