Isto si que é medrar!
As catro profesoras e o profesor que nos ocupamos do club de lectura xa estamos "capitaneando" os catro grupos que fixemos dentro do club "Libros coma area!" e xa estamos repartindo as primeiras lecturas (cuxos exemplares conseguimos, en parte, grazas á colaboración dos institutos e bibliotecas da zona).
SOMOS 50 AREEIROS LENDO
ARROASES DE ÉZARO: Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas.
ARROASES DE GURES: Os Megatoxos e a espada esmeralda, de Anxo Fariña.
ARROASES DE ESTORDE: Trece anos de Branca de Agustín Fernández Paz.
BALEAS DE CANELIÑAS: Amor dos quince anos, Marilyn, de Agustín Fernández Paz.
"Atopo a televisión moi educativa: cada vez que alguén a acende, marcho a outra habitación a ler un libro"
No hay comentarios:
Publicar un comentario