(Da páxina oficiai de Agustín Fernández Paz)
Aos trece anos, Branca contrae unha hepatite que a obriga a gardar repouso absoluto durante dous meses. Para pasar o tempo, e animada pola súa nai, comeza a facer un álbum de fotos. As vivencias esquecidas que lle devolven as fotografías permitiranlle evocar toda a súa vida: as experiencias vividas nos anos de infancia, as relacións familiares, os amigos, o descubrimento de sentimentos tan cruciais como o amor, os medos, as incertezas…
Este libro ofrece un excelente retrato dunha moza adolescente, trazado con gran sensibilidade e penetración psicolóxica, e escrito nun estilo sinxelo e depurado. Un relato cheo de autenticidade e tenrura, no que destaca, ademais, a súa orixinal construción a modo de puzle, que provoca o interese na persoa que o le e incítaa a proseguir para poder completar o universo da protagonista.
De novo revisamos o diario que Branca escribiu durante a súa hepatite, obra premiada do mestre Fernández Paz.
Os ARROASES DE ESTORDE (13 alumnos e alumnas e dúas profesoras) van comezar a campaña con esta estupenda lectura, que atrapa dende a primeira liña.
Os ARROASES DE ESTORDE (13 alumnos e alumnas e dúas profesoras) van comezar a campaña con esta estupenda lectura, que atrapa dende a primeira liña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario