AS PORTAS DO AGRA, FOGAR DE LIBROSCOMAAREA, FALA AMIGO E ENTRA!!
Ao longo do mes de Maio o alumnado dos grupos de 1º e de 2/3º da ESO do club de lectura participaron nun obradoiro de escritura élfica. Durante dous venres (días 13 e 20) os nenos e nenas de "Libros coma area" visitaron a Terra Media e recibiron unhas ensinanzas básicas en quenya, a linguaxe dos altos elfos de Valinor. Este idioma foi creado por J.R.R. Tolkien, autor dun dos libros de lectura deste ano, "O Hobbit"; a continuación mostramos como sonaría tal e como el o concibiu.
Despois de estudar brevemente o alfabeto élfico e unhas normas básicas os nosos valentes alumnos e alumnas atrevéronse a escribir os seus nomes con estes caracteres.
Aquí temos a Andrea, unha das nosas alumnas máis avantaxadas, pronto poderá partir desde os portos grises e unirse á compañía dos Valar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario