Claudia Costa Casais, de 2 da ESO, foi unha das gañadoras do concurso de relatos de terror do Samaín. Aquí podedes ler o seu relato:
"A sombra do bosque"
Fai uns anos, nunha pequena casiña no monte vivía un neno chamado Lucas, xunto coa súa irmá Alicia e o seu pai. A súa nai falecera hai dous anos, e aquela casa era o único recordo que gardaban dela, xunto cun colar. Aquel día era coma outro calquera, o rapaz lía na súa habitación escoitando o son da choiva e a pequena Alicia acariñaba á súa cadela ó pé da cheminea. O pai estaba traballando, pero os nenos estaban acostumados a pasar as tardes sós. Lucas sentiu unha corrente fría que viña do piso de abaixo, e decatouse de que a porta estaba aberta. A ventisca invernal azoutaba o bosque con descaro. Sorprendido, comezou a buscar á súa irmá, máis o único que atopou foi á súa cadeliña, Menta, deitada no chan, arrepiando. O rapaz saíu do fogar e dirixiuse ó xardín, na procura de Alicia. Uns instantes despois escoitou un forte son:
-Lucas! -berrou a súa irmá menor.
Voltou cara á casa, máis alí ninguén o agardaba. Só puido distinguir unhas sombras somerxerse na espesura do bosque e viu como a cadela asomaba ameazante, cara aquel lugar. Lucas non entendía nada, alguén, ou algo, acababa de capturar á súa irmá. Unha bágoa recorreulle a meixela, e esvaeceuse coas demais que mollaban ao neno enteiro. Veloz, entrou na casa e pechou a porta, e subiu ao seu cuarto, dende o cal podía ver o outro lado do bosque. Alí estaba, a mesma sombra de antes. Mirábao fixamente, máis non distinguía o que era. De súpeto, un obxeto relucente chamou a súa atención, e candou volveu voltar os ollos, aquela sombra de sorriso pícaro non estaba.
Un arrepío estremeceulle o corpo. Xa era de noite, pero aínda así, armouse de valor e colleu a linterna, gardou a navalla no peto da chaqueta e avanzou cara o bosque, o escuro e espeso bosque, no cal, dous anos atrás, atoparan á súa nai, ferida gravemente mentres ía recoller amorodos. Ese recordo inundouno de tristeza e de súpeto, a tristeza tranformouse en rabia, limpouse a cara, e adentrouse no sendeiro. Dende o lonxe logrou distinguir o obxeto que vira dende a ventá, correu ata el e colleuno. Era o colar de Alicia, máis non semellaba o mesmo. Enfocouno coa linterna e logrou ver a foto da súa nai xunto cos rapaces, pero contemplou unha sombra familiar que os observaba dende lonxe. Do susto, soltou o amuleto, o cal caeu no barro dado a volta. No dorso da fotografía había unas palabras, gravadas pola súa nai, que nunca antes vira.
-Desfrutade do bosque meus nenos, máis andade con coidado…
Lucas, aterrorizado comezou a berrar o nome da súa irmá, a cal pronto respondeu:
-Lucas?
A nena estaba no chan, cunha ferida na cabeza e rañaduras nos brazos, o seu irmán foi socorrela. Días despois, Alicia foise recuperando pouco a pouco, e a familia cambiou de fogar, máis non se sabe se aquela cousa segue alí, atacando e gozando do sufrimento dos ocupantes…
No hay comentarios:
Publicar un comentario