Despois de ler e analizar a riqueza de todas as obras presentadas, xa temos gañadoras do Concurso de Relatos de Terror do Samaín 2020:
- Na categoría de 1º Ciclo da ESO a gañadora é Claudia Costa Casais de 2º ESO A, co seu relato "A sombra do bosque", escrito en lingua galega.
- Na categoría de 2º Ciclo da ESO, a gañadora é Uxía López Romero de 4º ESO C, co seu relato "El armario", escrito en lingua castelá.
Na categoría de BACH e Ciclo Formativo o premio queda deserto xa que non se presentaron obras a concurso.
Grazas a todas e todos os/as participantes e parabéns as gañadoras que, na vindeira semana, recibirán o diploma acreditativo correspondente e un vale por valor de 20€ que poderán utilizar nunha libería do concello.
Un saúdo a tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario