O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
Como se comenta dende a Dirección
Xeral do Libro e Fomento da Lectura: "A
edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en
destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á
cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e
circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de
seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a
vivir.
As bibliotecas escolares galegas
amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade
educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e
celebrar que están sempre ao noso carón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario