O club de lectura Libros coma area!, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística do centro, preparou unha serie de recomendacións literarias para conmemorar o Día do Libro (23 de abril), que vos ofrecemos a continuación. Nestas datas de incertidume e confinamento, debemos reflexionar sobre a importancia das pequenas cousas que singularizan e embelecen as nosas vidas. Unha delas é, sen dúbida, a literatura e o seu poder creativo, evocador e catárquico. Non deixedes de reservar uns intres diarios para sumerxirvos na lectura das obras e os xéneros que vos apaixoen. Aquí vos deixamos unha escolma de títulos, clasificados por idades, que cremos que poden ser do voso interese. Todos eles pódense descargar a través da plataforma "Galicia le": https://www.galiciale.gal/
Ademais, a editorial Loqueleo puxo á nosa disposición unha serie de vídeos con lecturas de diversas obras realizadas por autores de renome no panorama literario actual:
Animádevos a achegarvos ao universo da literatura que hoxe, máis que nunca, cumpre cunha das súas funcións primoridiais, a da evasión e o entretenemento.
Feliz Día do Libro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario