A
primeira sesión do club de lectura de adultos do IES Agra de Raíces, en colaboración neste caso co Club de Letras, tivo lugar o pasado luns, 28 de outubro.
Arredor dunha comida, os seis integrantes (os profesores Mercedes Teijeiro, Mar Rozas, Manuel Carande, Eduardo Louredo, Yolanda Rodríguez e Ana Porteiro) expuxeron as súas impresións de
lectura sobre a obra de Begoña Caamaño Circe
ou o pracer do azul. Incidiron especialmente na versión actualizada e
feminista da mitoloxía clásica. A autora dalle voz aos pensamentos esquecidos e
infravalorados das voces femininas que acompañaron aos grandes heroes da
Antigüidade. Trátase, neste caso, de Penélope e Circe que, a través do seu
contacto epistolar, poñen de manifesto os medos, as angurias, as
responsabilidades (ás veces autoimpostas) e o valor das mulleres, no pasado e na
actualidade.
O grupo estableceu tamén as súas próximas lecturas (Fulgor. Lectura danzada de María Gabriela Llansol, de Nieves Neira e En el café de la juventud perdida,
de Patrick Modiano) a proposta de Mercedes Teijeiro e Manuel Carande,
respectivamente, e a súa vindeira cita para o 25 de novembro, Día contra a
Violencia de Xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario