Estes días celebramos reunións con todos os grupos, para comentar as recentes lecturas. Nomeamos aquí tamén as lecturas de febreiro e xaneiro que queraron sen reporte.
Os grupo dos maiores, As Baleas de Caneliñas, leu Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza, libro de relatos cheos de sorpresas e humor, mortes e vinganzas, ira e loucura; literatura con maiúsculas.
Reunímonos o 23 de febreiro,
Os Arroases de Estorde, (que pertencen a 2º de ESO) tiñan que ler as tres primeiras partes de A illa do tesouro de Robert Louis Stevenson: "O vello bucanero", "O cociñeiro de a bordo" e "A miña aventura en terra", pero varios deles e delas non puideron aguantar e remataron o libro. A pesar do vocabulario marítimo e de bastantes palabras descoñecidas para os lectores, as edicións comentadas que manexamos facilitan a comprensión dun libro do que están a gozar os nosos arroases, pola súa emoción e intensidade. A reunión foi o martes 7 de marzo. O 3 de febreiro fixeran a reunión de Nunca seré tu héroe, de María Menéndez-Ponte
Os Arroases de Ézaro, que en xaneiro remataron As lágrimas de Shiva e o comentaron con nós nunha reunión o 25 de xaneiro na que manifestaron estar encantados coa historia de amor, co misterio e coa aventura incluídos no libro, leron agora, e quedaron impresionados, A chamada da selva, de Jack London, onde o can Buck amósanos os seus instintos ancestrais. Algúns dos lectores sufriron coa dureza dos feitos que se narran e co feito de narralos. A reunión foi o 6 de febreiro.
Os arroases de Gures leron despois dos de Ézaro As lágrimas de Shiva, e mantivemos a runión o 10 de marzo. O que máis se comentou e a natureza das Lágrimas de Shiva, pois a priori tiñan diversas teoría sobre que poderían ser (amuletos, por exemplo), e ningúen esperaba que fosen unhas esmeraldas. Tamén o episodio do olor a nardos foi un dos preferidos dos rapaces.
As nosas próximas lecturas serán A neta do señor Linh, de Philippe Claudel (Caneliñas), o resto da Illa do tesouro (Estorde) Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz (Ézaro) e A chamada da selva (Gures).
No hay comentarios:
Publicar un comentario