Foi elixida como próxima lectura Nunca seré tu héroe de María Menéndez Ponte. Os mesmos alumnos propuxeron este libro para que charláramos con eles sobre un tema moi familiar á súa idade, a adolescencia.
Esta semana xa teremos a reunión e comentaremos as impresións sobre a lectura e as distintas visións. Quédavos por aquí unha pequena sipnose e tamén un vídeo dunha alumna doutro centro que o recomenda.
Andrés está farto do colexio, dos granos, das charlas da súa nai, da plasta
da súa irmá, de Jorge o birlamozas, da vida en xeral e do profe de
Historia en particular. Dani, o seu amigo do instituto, e el propuxéronse cambiar o mundo e fan un
conxuro que lles fará inmunes ás fantasmadas dos ricos, pelotas e demais
aves carroñeiras, e converteraos en heroes. Bueno, polo menos iso é o que
estaba previsto. Se logo as cousas se torcen.....veremos o que ocorre.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario