Biblioteca IES Agra de Raíces.
19/10/12
17/10/12
Areeiros reunímonos un ano máis!!!
Ola a todas e a todos!!!!
Aquí estamos de novo un curso máis no Agra de Raíces, así que aproveitando a coincidencia, biblioraíces convócavos para arrancar un curso máis co club de lectura Libros coma a area.
A primeira reunión e presentación do club será o MÉRCORES 24 NO 2º RECREO ÁS 12:05h na BIBLIOTECA, esperámosvos a todas e a todos e podedes invitar a amigas e amigos interesados pola lectura que queiran compartir connosco un rato do seu tempo e non acostumen a lernos por aquí.

13/6/12
BRANCA E PAZ REMATAN O CURSO
![]() |
| Agustín Fernández Paz |
Para rematar este curso, leremos un marabilloso libriño do coñecido e premiado autor galego Agustín Fernández Paz.Branca, enferma de hepatite, revisa dende a súa cama, as fotografías da súa vida: a súa infancia, os problemas no cole, as súas amigas, a relación entre os seus pais, o seu primeiro amor...
Poético e precioso libriño que che fará gozar.
28/5/12
Visita de Alexandre Nerium
O cabaleiro do mar estivo de charla cos areeiros durante unha hora, a súa maneira de explicar, a súa forma de recitar, de falar....todo isto e moito máis deixounos a todos abraiados un tempo. El foi o que nos animou ó concurso de poesía e el foi o que entregou o premio ó poema 9, o máis votado por vós mesmos e que está exposto na entrada anterior. Parabéns á gañadora e a todas e todos por participar!!!
25/5/12
VISÍTANOS O "CABALEIRO DO MAR"

O luns visítanos o poeta fisterrán
Alexandre Nerium, quen se presenta así na Biblioteca Virtual Galega:
Agardando á raxor tenue do día
ouvindo ese xemer dos xaramiños,
o axirido da fame das gaivotas,
o isócrono rinchar das brogas irtas,
-nesoutro abril, se arduo, arrecendente-
tróuxome miña nai Manuela ó mundo.
ouvindo ese xemer dos xaramiños,
o axirido da fame das gaivotas,
o isócrono rinchar das brogas irtas,
-nesoutro abril, se arduo, arrecendente-
tróuxome miña nai Manuela ó mundo.
Pois si: pechará por uns intres o Museo do Mar de Fisterra (que dirixe) para compartir con nós un dos nosos "Mediodías Literarios" no IES "Agra de Raíces": agasallará un libro seu ao vencedor (ou vencedora) do noso Concurso de Poesía e contaranos algo da súa relación coa poesía e a literatura... e ao mellor nos di tamén como se fai para pescar a navalla a pulmón, cousa que non debe de ser moi doada, segundo din por aí!
Se queres saber máis de Alexandre Nerium, mira na Wikipedia a súa obra ou olla este artigo de La Voz de Galicia, por exemplo.
23/5/12
POEMAS PRESENTADOS AO CONCURSO
Neste documento podedes ver os poemas que @s areeir@s presentaron ao noso concurso de poesía.
Xa sabedes: se sodes do noso Club de Lectura, mandade un correo ao e-mail da biblioteca (agraderaices@gmail.com) e votade polo poema que más vos gustou. Lembrade que cada poema está identificado cun número, que é o que vós debedes poñer no voso voto.
O máis votado será o gañador, e xa sabedes que Alexandre Nerium faranos unha visita o próximo luns 28 de maio para falar un rato con nós e agasallar ao gañador ou gañadora do concurso cun libro seu.
Votade, por favor!
POEMAS CONCURSO

21/5/12
Rematada A chamada da selva
Actividade completada durante a semana cultural. Coincidindo coa semana cultural no noso instituto, fixemos a última reunión da lectura A chamada da selva de Jack London. Houbo varias versións sobre a obra, dende membros do club que non foron capaces de rematala pola dureza do tema que aborda, ata outros que nomearon a obra como unha das mellores lidas durante o curso. Todos coincidiron no ben escrita que está e no boa que é pero as opinións foron moi distintas sobre moitos dos capítulos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)